Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Novembro 2010

Texto de opinión sobre Sanidade

< Comprometidos co Hospital da Costa >

 

Cada día que pasa resulta máis evidente a estratexia seguida polo PSOE e o BNG de converter a sanidade pública nun arma da confrontación política partidista co obxecto de obter réditos electorais. Non parece importarlles se os argumentos que empregan neste ataque son falsos e responden á máis vil das manipulacións. O único obxectivo é xerar alarma social, confusión e incerteza nun  ámbito tan sensible como é o que afecta á saúde das persoas.

 Tras a derrota electoral que levou á oposición ao bipartito, como consecuencia precisamente da súa mala e lesiva xestión dos servizos públicos e, de xeito moi destacado da sanidade pública, escoitamos de todo: Desde que a Xunta quería pechar o hospital e trasladar a toda a xente a Lugo –algo manifestamente falso-, ata que pretendíamos baleirar de competencias ao director xerente, cando en realidade ganaba en autonomía e poder de decisión, incorporando baixo a súa dirección os centros de saúde. Tamén nós insistimos no pasado na necesidade de mellorar o sistema sanitario, pero sempre  demostramos  as nosas denuncias co respaldo de documentación oficial e datos fidedignos.

(máis…)

Read Full Post »

Impulso aos deportes náuticos e ao turismo

José Manuel Balseiro, acompañado do alcalde deste concello, Jesús Novo, deron a coñecer a obra que executará o ente público autonómico Portos de Galicia

 O VOCEIRO DO MAR DO GRUPO POPULAR SALIENTA O INVESTIMENTO DE MÁIS DE MEDIO MILLÓN DE EUROS NA REMODELACIÓN DAS INSTALACIÓNS NAUTICO-DEPORTIVAS NO PORTO DO VICEDO

  •  A obra prevista ten un prazo de execución de seis meses e inclúe o dragado da dársena portuaria e a dotación de 136 puntos de amarre.
  •  O 70% do investimento previsto financiarase con fondos procedentes da Unión Europea xestionados pola Consellería do Mar, o 30% das achegas restantes ata corren a cargo da Xunta de Galicia.

(máis…)

Read Full Post »

A Mariña popular II

Alberto Núñez Feijóo presidente do PP de Galicia asistiu en Viveiro a presentación de candidatos a  varias alcaldías da Mariña

Barreiro: “ATA MAIO HAI QUE  IR PORTA POR PORTA E DESENMASCARAR ÓS SOCIALISTAS, EXPLICAR QUE PROMETEN  MOITO PERO NON CUMPREN NADA”

  • O presidente dos populares lucenses asegurou hoxe durante a presentación dos cabezas de lista do seu partido na zona de Viveiro que “hai que advertir a todos os veciños que os socialistas, gobernen onde gobernen, a súa política é sempre a mesma: despilfarrar, e o que veña detrás que o arregle se pode”

(máis…)

Read Full Post »

Máis investimentos a prol da Mariña

As previsións sitúan a licitación desta obra no mes de xaneiro do ano próximo e o comezo das obras durante o mes de maio

BALSEIRO OROL ANUNCIA QUE A XUNTA DUPLICARÁ O INVESTIMENTO DESTINADO Á REPARACIÓN E MELLORA DO EMISARIO SUBMARINO DE VIVEIRO

  • Augas de Galicia, organismo autonómico dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, achegará 4,7 millóns de euros para esta actuación.
  • As previsións sitúan a licitación desta obra no mes de xaneiro do ano próximo e o comezo das obras durante o mes de maio.

(máis…)

Read Full Post »

A Mariña popular I

O secretario xeral dos populares galegos, Alfonso Rueda participou  na presentación dos candidatos á varias alcaldías da Mariña lucense

 

Barreiro: “ESTOU CONVENCIDO DE QUE O VINDEIRO MES DE MAIO FAREMOS PLENO: SETE DE SETE”

O líder dos populares lucenses amosouse convencido de que os mariñáns “queren un cambio nos concellos nos que aínda non goberna o PP” porque decatáronse de que o Goberno da Xunta, “o estilo Feijoo”, é unha “garantía para seguir avanzando”

(máis…)

Read Full Post »

O furtivismo reincidente debe ser delito

O obxectivo final é que o un por cen dos furtivos non deixe sen futuro ao 99% dos mariñeiros e mariscadoras honestos e concienciados

 O GRUPO POPULAR PEDIRÁ NO PARLAMENTO DE GALICIA QUE O ESTADO ACOMETA UNHA REFORMA DO CÓDIGO PENAL PARA CUALIFICAR O FURTIVISMO REINCIDENTE COMO DELITO

 O voceiro do Mar, Jose Manuel Balseiro explicou que a experiencia práctica demostra que a inmensa maioría dos que practican o furtivismo de xeito recorrente, o fan amparados por subterfuxios e trucos legais que os levan a declararse insolventes ou a adoptar outro tipo de encubrimentos e, polo tanto, a evadir o efecto das sancións administrativas que poidan aplicárselles como consecuencia da súa acción furtiva”.

(máis…)

Read Full Post »

Sargadelos

O Secretario do Parlamento de Galicia valora a boa nova

BALSEIRO CONGRATULASE POLO ACORDO ACADADO ENTRE A XUNTA DE GALICIA E A CERÁMICA DE SARGADELOS QUE POSIBILITARÁ O MANTEMENTO DOS POSTOS DE TRABALLO

  • O deputado significa que se implicou desde o primeiro momento para que este acordo dera o seu froito e reclamou que rectificasen publicamente os que “pediron que me apartara e aseguraban que era un mal mediador”

(máis…)

Read Full Post »

Viveiro debe avanzar

O Grupo Popular defenderá unha emenda á iniciativa do PSOE sobre os novos usos que se lle pretende dar ao espazo comprendido entre o porto deportivo e a ponte da Misericordia

BALSEIRO PROPÓN QUE O DEPARTAMENTO ESTATAL DE COSTAS INTEGRE NO PROXECTO DE REXENERACIÓN DA MARXE DEREITA DO ANTIGO PORTO DE VIVEIRO A CREACIÓN DUN NOVO APARCAMENTO SOTERRADO TAL E COMO DEMENDAN COLECTIVOS SOCIAIS E COMERCIANTES

  •  Os orzamentos da Xunta inclúen a proposta do Partido Popular, unha partida específica para que Portos de Galicia financie o estudo polo que se proxecte a creación dun novo parking soterrado

(máis…)

Read Full Post »

O bipartito provincial en retroceso

Na comparecencia do presidente da Deputación de Lugo ante a Comisión de Orzamentos do Parlamento, o deputado popular recordou que o bipartito provincial desenténdese dos intereses dos lucenses ao dar ás costas aos sectores produtivos básicos e esquecer o deber de cooperación cos concellos

 BALSEIRO SUBLIÑA NO PARLAMENTO QUE GÓMEZ BESTEIRO PASARÁ A HISTORIA POR DIRIXIR O GOBERNO PROVINCIAL “MÁIS  CARO  E INEFICENTE”

  • A presentación dos orzamentos efectuada hoxe no Parlamento non é máis que un exercicio de “publicidade e propaganda” xa que o Executivo provincial, cando chega a hora da verdade, non executa as súas propias contas: Menos do 11% no grado de execución dos investimentos reais no primeiro semestre de 2010, cifra que cae ata o 4% se falamos do INLUDES.
  • A aposta pola austeridade da Deputación de Lugo tamén inclúe multiplicar o número de dedicacións exclusivas e de contratos efectuados a dedo, pasando de cero a 30 asesores neste mandato.
  • Os defectos, erros e deficiencias da fallida fórmula do bipartito na Xunta trasladáronse á xestión diaria do executivo provincial ata o punto de que o propio BNG, socio de goberno, reclama a supresión da Deputación nun claro exemplo de auto moción de censura ante a deficiente xestión desenvolvida nestes catro últimos anos.

(máis…)

Read Full Post »

A %d blogueros les gusta esto: