• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Impulsa Foz
Opinión »

Encarecemento dos servizos básicos

12, Xaneiro 2011 por Admin B

O ano non podía comezar peor para as maltreitas economías dos fogares e das empresas despois de que Zapatero decidira esmagar aos contribuíntes con subidas dos bens de primeira necesidade como a luz e o gas -nun 10% e un 4% respectivamente-

 

O PP  MOBILIZARÁ AOS CONCELLOS DA MARIÑA EN CONTRA DA SUBA DA LUZ

  • Piden que os plenos municipais rexeiten esta medida unilateral adoptada polo Goberno socialista central e que proceda á conxelación deste recibo durante todo o ano 2011.

entrevista | Jose Manuel Balseiro|

«É grave para os fogares, os autónomos e as empresas»

 

A Mariña, 11 de xaneiro de 2010.-  O Partido Popular da Mariña mobilizarase en contra da subida da luz e rexistrará mocións municipais en todos os concellos da nosa comarca para que os seus respectivos Plenos rexeiten esta medida unilateral adoptada polo Goberno socialista central. Os populares, segundo explicou o seu secretario xeral provincial, Jose Manuel Balseiro, tamén reclamarán que Zapatero rectifique e ordene a conxelación deste recibo durante todo o ano 2011.

 Segundo Balseiro o novo ano non podía comezar peor para as maltreitas economías dos fogares e das empresas da nosa comarca, todo iso, como consecuencia da nefasta política económica do presidente Zapatero que esmaga aos contribuíntes con subidas dos bens de primeira necesidade como a luz e o gas, nun 10% e un 4% respectivamente.

 UN 40% MÁIS CARA DESDE 2006

 O secretario xeral popular indicou que desde que goberna o Partido Socialista, a luz non parou de subir, así dende o ano 2006 o recibo da luz subiu mais dun 40%, mentres que cando gobernou o Partido Popular entre 1996 e 2004 o recibo da luz baixou un 14,2%, moi por riba da media da UE.

 UN NOVO CASTIGO DO PSOE QUE SUMA E SEGUE

 As veciñas e veciños da Mariña non se merecen este novo castigo do Goberno socialista central que se engade á baixada dos salarios, á conxelación das pensións, á subida de impostos, ao incremento do prezo da gasolina e do gasóleo e a supresión dos incentivos fiscais á compra de vivenda, do cheque bebé e da axuda de 426 euros ós desempregados de longa duración.

  MÁIS DIFÍCIL QUE NUNCA

 As erradas decisións dos socialistas fan esta costa da xaneiro máis longa e difícil que nunca e, polo tanto, é necesario que os distintos concellos asuman o seu papel de administración máis próxima ao cidadán e se sumen á reivindicación que esixe unha rectificación do Goberno de Zapatero.

 PACTO ENERXÉTICO

 Os populares da nosa comarca valoran esta subida como grave prexuízo á capacidade adquisitiva de fogares, autónomos, empresas e PEMES, e por iso consideramos que é necesario un gran pacto en política enerxética que aporte estabilidade a un dos factores de competitividade máis importantes para a nosa economía, como é a do custe da enerxía.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Xaneiro 2011
    L M M X V S D
     12
    3456789
    10111213141516
    17181920212223
    24252627282930
    31  
    « Dec   Mai »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: