• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« A sanidade pública avanza
Campaña do bonito 2011 »

Opinión

29, Xuño 2011 por Admin B

<< O fracaso dos bipartitos >>

 

 

Pechado o novo mapa político da Mariña lucense cómpre facer unha reflexión final sobre o máis que probable futuro dos pactos acadados entre PSOE e BNG, isto é, os que se sustentan na creación duns executivos municipais bipartitos, destinados a desvirtuar a vontade popular e a impedir que goberne a opción política máis votada polos veciños.

Os actuais executivos municipais de Viveiro, Mondoñedo e Riotorto non nacen da coincidencia programática das dúas forzas políticas que os integran, porque daquela poderían terse presentado en coalición. Nacen da obsesión enfermiza de dúas forzas perdedoras por arrebatar ao Partido Popular a capacidade de xestión -cambio e futuro- desde as alcaldías. Unha estratexia en negativo, na que PSOE e BNG nunca están a pensar nos veciños e nos intereses xerais do concello, só neles mesmos.

 Os bipartitos son, todos puidemos comprobalo, unha fórmula caduca e viciada. Obsoleta aos ollos dunha cidadanía que rexeita o xeito de actuar de gobernos divididos, sen capacidade de entenderse, sen capacidade de xestionar, cheos de desconfianza mutua e non exentos de periódicas liortas. Unha fórmula caduca, porque alí onde uniron os seus votos perderon apoio electoral ou foron expulsados do goberno, como aconteceu coa Xunta bipartita ou co bigoberno de Burela.

 Tal e como advertimos a estratexia do BNG aboca aos nacionalistas a ser arrastrados polo PSOE de Zapatero e Rubalcaba na súa incesante caída, mentres que aos socialistas obrígalles a estar sempre en mans dun partido que vai camiño de ser residual e que lonxe de mellorar cada día está máis radicalizado. Ao BNG ser socio do PSOE costoulle reducir pouco a pouco máis da metade o seu peso electoral en Galicia, antesala da desaparición.

 Pero os que maioritariamente votaron PP poden estar tranquilos. Sen lugar a dúbidas enrocarse en pactos entre perdedores para manter gobernos municipais supón para os bipartitos un claro prognóstico de fracaso. Será, non cabe dúbida disto, o primeiro paso para que socialistas e nacionalistas perdan esas alcaldías en catro anos. Tan só cómpre laiarse porque  nun contexto de  crise, de dificultade crecente, os bipartitos supoñan unha nova lexislatura perdida.

 Con todo, temos que lamentar que non se escoite á  opinión maioritaria do pobo, expresada no sustancial apoio a un partido, a un programa, á unha opción de goberno do PP. Foi o PPdeG  quen gañou as eleccións municipais en 232 concellos galegos, case o 75% dos 315 de Galicia Foron os galegos os que decidiron democraticamente poñer en marcha, de novo tras as autonómicas, unha moción de censura virtual á totalidade dos bipartitos configurados en contra da lista máis votada, en contra de todos aqueles que votaron Partido Popular.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Xuño 2011
    L M M X V S D
     12345
    6789101112
    13141516171819
    20212223242526
    27282930  
    « Mai   Xul »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: