Campaña do bonito 2011

O Ministerio de Medio Mariño reacciona tardiamente en apoio da flota que participa na costeira do bonito ante as presións da Xunta, do Partido Popular e ante o crecente malestar do sector que se sentía abandonado

OS POPULARES PRESENTARON EN BURELA AS INICIATIVAS DIRIXIDAS A EVITAR NO FUTURO A SITUACIÓN DE ABANDONO NA QUE O MINISTERIO SITUOU DURANTE SEMANAS Á FLOTA BONITEIRA

Balseiro Orol insta ao Executivo central a convocar, no futuro, a reunión de coordinación coas comunidades autónomas con caracter previo ao inicio da campaña de pesca e a despregar o operativo de apoio desde o primeiro día da costeira e nunha soa fase.

Este ano fixeron falla catro semanas despois de iniciada a costeira do bonito para que o Executivo central convocara e desenvolvera a reunión encargada de perfilar o operativo de apoio á flota.

A día de hoxe nin o patrulleiro da Armada Chilrreu, nin o buque hospital do Instituto Social da Mariña, Juan de la Cosa, acompaña á flota amosando a falta de interese do Ministerio e a desprotección destes traballadores ante calquera incidencia.