Impulsa Lugo

O deputado popular di que a Xunta está realizando un enorme esforzo en época de dificultades económicas para facilitar tamén a creación e consolidación de emprego na comarca

Balseiro subliña o compromiso do Goberno de Feijóo coa Mariña lucense a través do Plan Impulsa Lugo

  • Cualificada como unha das comarcas de investimento prioritario deste plan, os beneficios están a materializarse na achega de axudas e investimentos concretos que serven de salvavidas e apoio necesario a moitas empresas xa consolidadas ou de pulo para o inicio de novos proxectos empresariais promovidos por emprendedores.
  •  A Xunta concentra un maior esforzo na axuda directa e diaria ás empresas e menos en facerse fotos, que é o único que parece importarlle as administracións do bipartito, cando desenvolve plans moito menos ambiciosos e de menor impacto positivo que o Impulsa Lugo.

A Mariña, 19 de xullo de 2011. O deputado popular, Jose Manuel Balseiro Orol, destacou hoxe o compromiso do Goberno de Feijóo co reequilibrio territorial a través do Plan Impulsa Lugo e sinalou que os seus beneficios están a materializarse na achega de axudas e investimentos concretos de apoio a moitas empresas da Mariña lucense, unha das áreas de investimento prioritario deste programa.

Para o dirixente popular, o Goberno da Xunta está demostrando unha clara aposta pola dinamización económica das provincias non atlánticas e realizando un enorme esforzo en época de dificultades económicas para facilitar tamén a creación e consolidación de emprego na  comarca mariñá e no conxunto da provincia.

 AXUDAS DIARIAS

 Balseiro lembrou que o obxectivo do Plan Impulsa Lugo non é outro que facer unha discriminación positiva para captar investimentos; con medidas que por exemplo permiten  que todos aqueles emprendedores que queiran investir na nosa comarca, teñen unha subvención máxima que pode chegar ata a metade do investimento necesario para poñer en marcha a empresa.

 Balseiro quixo destacar tamén que os investimentos concretados no Plan Impulsa son diarios e están a servir de salvavidas e elemento de apoio a moitas empresas xa consolidadas, na súa estratexia de reflotamento, ou na apertura da novos nichos de mercado.

 Ademais a diferenza doutros plans desenvolvidos no seu día por outras administracións bipartitas, este concentra un maior esforzo na axuda directa ás empresas, que é o verdadeiramente importante, e menos en facerse a foto que parece que é o único que lle importa e importaba ao bipartito cando desenvolve plans similares moito menos ambiciosos e de menor impacto positivo.

 Só a primeira fase o Plan Impulsa Lugo logrou mobilizar 122 millóns de euros de investimentos que permitiron crear ou manter máis de 400 empregos, a maioría deles na Mariña lucense.

 SEGUNDA FASE EN DESENVOLVEMENTO

 O dirixente popular explicou tamén que o plan Impulsa xa está encamiñado a iniciar unha segunda fase, coa redacción do plan de competitividade que reforza a discriminación positiva e inclúe novas propostas concretas.

 Trátase, polo tanto, dunha aposta polos sectores estratéxicos, polos emprendedores, pola modernización do tecido productivo, pola internacionalización das empresas, polas pequenas e medianas empresas e pola captación de inversores.

Balseiro tamén subliñou que, ao contrario do que sucedía durante a lexislatura do Goberno bipartito que non executou ningunha das actuacións previstas na Mariña no plan de reequilibrio, este xa está a dar o seu fruto na nosa comarca e ademais supón a implicación do Goberno galego de xeito pleno e transversal pois no seu desenvolvemento están involucradas todas as consellerías.

 A MARIÑA COMO PRIORIDADE

 Por último o dirixente popular lembrou que A Mariña lucense é “un gran activo da provincia de Lugo e de Galicia” e que é á comunidade a quen lle corresponde apoiala xerando novas oportunidades de progreso. De feito este Plan Impulsa Lugo “que aspira a aproveitar todo o potencial económico desta comarca e darlle novos folgos que fagan da nosa unha terra máis forte, máis competitiva e máis igualitaria”, concluíu

 Balseiro exemplificou esta demostración de apoio no acontencido na presente lexislatura cando o Goberno que preside Alberto Núñez Feijoo decidiu multiplicar por dous as partidas específicas adicadas a impulsar investimentos na provincia de Lugo a través do Plan Impulsa Lugo. Así dos 12 millóns de euros incluídos no no presuposto de 1010 pasarase a 26,7 millóns de euros no presuposto de 2011, que hoxe están en plena execución.