• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Texto de opinión
Ordenación do litoral »

Deportes náuticos e turismo

27, Xullo 2011 por Admin B

Balseiro Orol subliña que a execución desta obra, aprazada ata finais de agosto para non interferir na campaña de verán, supón a materialización dun compromiso adquirido polo PP para o fomento dos deportes náuticos e o turismo

 

PORTOS DE GALICIA INVESTIRÁ MÁIS DE MEDIO MILLÓN DE EUROS NA REMODELACIÓN DAS INSTALACIÓNS NÁUTICO DEPORTIVAS DE O VICEDO

  •  O Diario Oficial de Galicia fai pública a formalización do contrato coas empresas Marcor Xove, S.L.-Ronautica, S.A. adxudicado en 529.802,05 euros.

 

O Vicedo, 27 de xullo de 2011.-  O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, amosou a súa satisfacción tras coñecerse a formalización do contrato promovido por Portos de Galicia polo que se achegará un investimento superior ao medio millón de euros para a remodelación das instalacións náutico deportivas de O Vicedo.

 A execución destas obras, aprazadas ata finais de agosto para non interferir na campaña de verán, supón a materialización dun compromiso adquirido polo Partido Popular para o fomento dos deportes náuticos e o turismo. Inclúen desde a ampliación do número de prazas de amarre, ata odragado da area para conseguir o calado suficiente para as embarcacións que terán acceso ás instalacións. Ademais modificarase a situación do módulo rachaondas. Coa ampliación prevista dotarase ao porto de máis dun cento de novos puntos de amarre.

 A maior parte do financiamento desta actuación chegará de fondos procedentes da Unión Europea xestionados pola Consellería do Mar, e o porcentaxe restante correrá a cargo da Xunta de Galicia quen, unha vez máis, amosa a súa aposta decidida pola potenciación das infraestruturas náutico-recreativas, esenciais para a creación de riqueza nos concellos do litoral e para a consolidación desta actividade deportiva e básica para o impulso do turismo náutico.

 O Diario Oficial de Galicia fai público hoxe a formalización do contrato, asinado o pasado 4 de xullo, coas empresas Marcor Xove, S.L.-Ronautica, S.A. e que foi adxudicado en 529.802,05 euros o pasado 31 de maio.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Xullo 2011
    L M M X V S D
     123
    45678910
    11121314151617
    18192021222324
    25262728293031
    « Xuñ   Ago »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: