Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Agosto 2011

Incentivo á actividade emprendedora

Feijoo inaugura o parque empresarial de Landrove, en Viveiro.

O Goberno do PP dá resposta con esta nova infraestrutura a unha vella aspiración “para a promoción empresarial do concello, da Mariña e do conxunto de Galicia”

(máis…)

Read Full Post »

Solucións para O Celeiriño

Os populares insisten en que a posta en marcha dunha área de rehabilitación integral (ARI), que debe ser solicitada polo Concello, é a opción máis vantaxosa xa que lles permitiría reparar as vivendas con financiamento da Xunta e do Estado, e facilitaría a reurbanización do barrio afectado polos derrubes

 

O GRUPO POPULAR PROPÓN SOLUCIÓNS PARA A REHABILITACIÓN DO BARRIO DO CELEIRIÑO ANTE A FALTA DE INTERESE E REACCIÓN DA ALCALDÍA DE VIVEIRO

  • O bipartito municipal parece obviar os problemas destes veciños que en febreiro de 2008 víronse obrigados a abandonar as súas vivendas como consecuencia dos danos que nelas provocou a cimentación dun edificio contiguo que contaba coa licenza urbanística outorgada pola Alcaldía socialista.

(máis…)

Read Full Post »

Campaña estival do bonito

Balseiro Orol felicitou expresamente aos tripulantes do buque autonómico Sebastián de Ocampo, que na pasada semana evacuaron a un mariñeiro enfermo

O GRUPO POPULAR LOUVA AS TAREFAS DESENVOLVIDAS POLO OPERATIVO DA XUNTA EN APOIO DA FLOTA BONITEIRA

  • Lamenta que o compromiso do Estado sexa moito menor xa que mantén ás súas embarcacións, como é o caso do buque hospital Juan de la Cosa, ou lonxe da área de pesca ou, amarrada en porto participando en actividades protocolarias incluso a pesar de atoparnos en plena campaña. (máis…)

Read Full Post »

Saúde

O deputado popular sinala que o verdadeiro plan oculto para a sanidade comarcal é o que tiña o bipartito, que pretendía xestionala desde Ferrol e que non investiu un só euro en obras ou melloras neste centro durante a pasada lexislatura

 

O BNG NON TEN NINGUNHA CREDIBILIDADE CANDO FALA DO HOSPITAL DA COSTA E INVENTA ALERTAS SOBRE CUESTIÓNS DE SANIDADE

  • Lembra que os nacionalistas repartiron un folleto fai aproximadamente un ano no que cometían o disparete de advertir sobre un inminente peche do hospital e o traslado dos médicos a Lugo, pero o tempo deu a razón ao PP, que reafirma o seu compromiso coa sanidade pública comarcal.

(máis…)

Read Full Post »

Marisqueo

“Marisol Soneira é a menos indicada para falar de amistades perigosas e da dimisión de ninguén, xa que ela debera ter marchado fai tempo pola súa complicidade na causa fraudulenta da axente electoral” indica o voceiro do Mar, Balseiro Orol

O GRUPO POPULAR DEFENDE O LABOR DA CONSELLERÍA DO MAR QUE TRATA DE “XESTIONAR E NON SUBSIDIAR” PARA RECUPERAR O EMPREGO E A ACTIVIDADE MARISQUEIRA

 

  • Balseiro Orol lembra que hoxe non se estaría falando da necesidade da reinstalación de moluscos procedente das zonas C, se non fora porque o anterior goberno bipartito non solicitou a moratoria na entrada en vigor desta normativa restrictiva tal e como lle pediu repetidamente o PP
  • Os populares lembran que o bipartito xerou unha situación de discriminación inxusta entre os afectados polas zonas C, xa que só algúns deles recibiron axudas por valor de 58 millóns de euros por non mariscar, mentres que agora o que se propón é recuperar a actividade marisqueira en condicións de igualdade para todos

(máis…)

Read Full Post »

Generales 2010

O Partido Popular de Lugo inicia esta semana a preparación das vindeiras eleccións xerais

  • O calendario preparatorio, que arrancará este venres na Mariña, inclúe a celebración de reunións comarcais con cargos electos que estarán presididas por José Manuel Barreiro.

(máis…)

Read Full Post »

O Celeiriño

O deputado Balseiro Orol, autor desta iniciativa, lembra que o ARI é a opción máis ventasoxa para os veciños xa que lles permitiría reparar as súas vivendas con financiamento da Xunta e do Estado, así como tamén facilitaría ao Concello a achega de axudas para a mellora e reurbanización do barrio afectado polos derrubes

 O GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR ESIXE AO ALCALDE DE VIVEIRO QUE NON DEMORE A SOLUCIÓN E SOLICITE A DECLARACIÓN DUNHA ÁREA DE REHABILITACIÓN INTEGRAL PARA O BARRIO DO CELEIRIÑO

 

  • Os populares rexistrarán unha iniciativa no Parlamento, e xa o fixeron no Concello, pois consideran que os veciños, tras máis de tres anos de infructuosa espera, teñen que recibir axudas e, neste obxectivo, o Goberno local non pode ser un obstáculo
  • Pedirán tamén que o Concello cumpra o acordo plenario e esixa xudicialmente ás indemnizacións oportunas á construtora, promotora, técnicos fronte aos que proceda pois non sería comprensible que a Alcaldía sexa cómplice dos causantes dos danos.

 

  (máis…)

Read Full Post »

Urbanismo

 

Solucións para Barreiros

 

Resulta curioso observar como agora que está tan próxima a saída a complexa situación acontecida tras a paralización urbanística que o bipartito impuxo no concello de Barreiros, existan voces recorrentes, procedentes dalgúns sectores destes mesmos partidos -PSOE e BNG, hoxe na oposición- que cuestionan e critican, empregando moi belixerantes e crispadas palabras, as xestións de aqueles que, como a Xunta hoxe, só buscan superar o actual escenario de incerteza, desde o máis estrito respecto á legalidade vixente, ao desenvolvemento dun urbanismo sostible e á cohesión social da poboación.

(máis…)

Read Full Post »

Apoio loxístico

Balseiro lembra que a tardanza no despregamento destes medios é consecuencia do restrado do Ministerio na convocatoria da reunión na que se decide e establece o operativo lóxistico e humano que aportan as distintas administracións

O PARTIDO POPULAR FELICÍTASE PORQUE O BUQUE DE TITULARIDADE AUTONÓMICA SEBASTIAN DE OCAMPO XA EFECTÚA TAREFAS DE APOIO E ASISTENCIA Á FLOTA QUE PARTICIPA NA CAMPAÑA DO BONITO

 

  • O Grupo Popular rexistrou iniciativas para obrigar ao Ministerio a coordinar os medios lóxisticos a despregar antes do inicio da campaña e para esixirlle a que estes acompañen ás embarcacións desde o inicio ao fin da costeira.

(máis…)

Read Full Post »

A %d blogueros les gusta esto: