O Celeiriño

O deputado Balseiro Orol, autor desta iniciativa, lembra que o ARI é a opción máis ventasoxa para os veciños xa que lles permitiría reparar as súas vivendas con financiamento da Xunta e do Estado, así como tamén facilitaría ao Concello a achega de axudas para a mellora e reurbanización do barrio afectado polos derrubes

 O GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR ESIXE AO ALCALDE DE VIVEIRO QUE NON DEMORE A SOLUCIÓN E SOLICITE A DECLARACIÓN DUNHA ÁREA DE REHABILITACIÓN INTEGRAL PARA O BARRIO DO CELEIRIÑO

 

  • Os populares rexistrarán unha iniciativa no Parlamento, e xa o fixeron no Concello, pois consideran que os veciños, tras máis de tres anos de infructuosa espera, teñen que recibir axudas e, neste obxectivo, o Goberno local non pode ser un obstáculo
  • Pedirán tamén que o Concello cumpra o acordo plenario e esixa xudicialmente ás indemnizacións oportunas á construtora, promotora, técnicos fronte aos que proceda pois non sería comprensible que a Alcaldía sexa cómplice dos causantes dos danos.

 

 

O Grupo Parlamentario Popular, a través do seu deputado Jose Manuel Balseiro Orol, rexistrou unha iniciativa para o seu debate na Cámara galega na que se esixe ao alcalde de Viveiro, o socialista Melchor Roel, que non demore máis tempo a solución e solicite formalmente a declaración dunha área de rehabilitación integral para o barrio do Celeiriño.

 Deste xeito, os veciños cuxas vivendas resultaron afectadas polos danos e derrubes do barrio, que obrigou ao desaloxo do mesmo en febreiro do 2008, poderían reparar por fin as súas vivendas con financiamento da Xunta e do Estado. Ademais a través da figura da área de rehabilitación integral do Celeiriño o propio Concello tería máis fácil dispoñer de axudas para a mellora e reurbanización destes espazos.

 Os populares deron a coñecer hoxe que rexistrarán sendas iniciativas no Parlamento- como xa fixeron no Concello- ao considerar que os veciños, tras máis de tres anos de infructuosa espera, teñen dereito a recibir axudas e para iso o Goberno local non pode ser un obstáculo. Lembran ao mesmo tempo que a situación de pendencia está a xerar un lóxico desacougo entre a veciñanza e respecto do futuro das vivendas, do conxunto do barrio, e dos espazos afectados polos derrubes.

 RESPONSABILIDADE XUDICIAL

 Jose Manuel Balseiro explicou que na súa iniciativa os populares tamén pedirán que o Concello cumpra o acordo plenario, acadado por unanimidade o 29 de setembro de 2009 e proceda a esixir  xudicialmente ás indemnizacións oportunas aos responsables dos danos. Insisten en que ninguén pode comprender como hoxe, tres anos despois de acontecida a problemática, a Alcaldía ainda pode non ter feito isto, e estea actuar con complicidade coa empresa causante dos danos.

 TRES ANOS DE ESPERA

 En febreiro do ano 2008 os veciños do barrio do Celeiriño, sito no concello lucense de Viveiro, observaron como a medida de que crecía un gran burato na cimentación dun bloque de vivendas contiguo, os seus fogares sufrían danos, gretas, roturas nas estruturas, ata chegar a unha situación de risco cerco de derrubo que obrigou á evacuación de moitas das vivendas deste barrio, ao reacollo dos seus propietarios e a o aillamento de moitos veciños carecendo durante todoes estes anos de acceso rodadado, o que impedía a entrada de servizos esencias como o butano, víveres, ou incluso ambulancias.

 Os devanditos danos según sentencia xudicial -e por recoñecemento expreso da propia empresa- son consecuencia directa das obras de construción dun edificio con garaxes e dun muro de contención executadas nun solar contiguo ás vivendas afectadas. A edificación contaba cunha licenza outorgada pola Xunta de Goberno Local, de data 25 de maio de 2007, baixo a presidencia do alcalde socialista Melchor Roel, a pesares de poseer informes técnicos e xurídicos negativos e a pesar de que se suscitaban dúbidas sobre a idoneidade dos traballos executados, a súa adecuación coa legalidade urbanística e respecto do rigor co que o Concello efectuou a vixilancia e seguimento das obras de edificación, que levaron ao derrube de practicamente todo un barrio.