Generales 2010

O Partido Popular de Lugo inicia esta semana a preparación das vindeiras eleccións xerais

  • O calendario preparatorio, que arrancará este venres na Mariña, inclúe a celebración de reunións comarcais con cargos electos que estarán presididas por José Manuel Barreiro.

Lugo, a 9 de agosto de 2011.- O Partido Popular de Lugo principiará esta semana a preparación das vindeiras eleccións nacionais previstas para o vindeiro mes de novembro. A dirección provincial consideran especialmente trascendente para o futuro do país a nova cita electoral do 20-N dado o contexto económica existente e a anómala situación política, cun goberno en funcións que se amosa incapaz de promover un cambio de tendencia que permita sacar ó país deste escenario e encauzalo hacia unha pronta recuperación que conleve a activación económica e, sobre todo, a creación de emprego. Esa trascendencia engadida que teñen este comicios pola especial coiuntura fará que o Partido Popular de Lugo prepare con máis minuciosidade e intensidade se cabe este proceso electoral.

Así, o vindeiro venres iniciarase un calendario de reunións comarcais, presididas polo presidente provincial José Manuel Barreiro, que perseguirán un dobre obxectivo. Por unha banda, o xa aludido desenvolvemento do plan de preparación da nova campaña, e por outra o fomento de foros de reflexión e posta en común nos criterios de actuación dos novos representantes do Partido Popular no ámbito municipal derivado das eleccións locais. Dada a importante renovación levada a cabo nos concellos, para a dirección provincial é fundamental propiciar foros de encontro entre os seus cargos electos para que intercambien experiencias e propostas.

O feito de que tras as municipais os populares incremantaran notablemente a súa representación na provincia ata acadar o 47 por cento dos sufraxios, foran, de feito, a forza máis votada en 50 dos 67 concellos, o que lles permite e gobernar en 44 concellos, fai que as perspectivas de cara as nacionais sexan optimistas. Tanto é así que agardan incluso poder mellorar os resultados obtidos en 2009, que lle otorgaran ó PP tres senadores e dous deputados.

O primeiro deste encontros comarcais desenvolverase na Mariña. O lugar elexido para albergar a xuntanza é a casa da cultura de Foz a partir das 13 horas e nel participarán, ademais dos alcaldes e concelleiros da zona, os máximos responsables do partido no ámbito provincial, o presidente José Manuel Barreiro e o secretario xeral José Manuel Balseiro, entre outros.