• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Novo curso escolar
Acordo parlamentario »

Opinión

7, Setembro 2011 por Admin B

<<Praza dos Campos,

corazón de San Ciprián >>

  

 Aqueles que nas últimas semanas e meses tiveran a oportunidade de visitar San Ciprián puideron comprobar a transformación en positivo que esta localidade acadou con motivo da apertura da nova praza dos Campos. A recuperación deste espazo céntrico, cen por cen público e libre de edificacións, probablemente constitúe un dos principais avances urbanísticos acadado na Península da Paz, tal e como acredita a boa acollida que dela fixeron veciños e visitantes.

 Só fixando a nosa mirada no pasado mes de agosto, é posible afirmar que a nova praza tivo un relevante protagonismo. Ateigada de rapaces, pais, nais e avós, foi o principal espazo de encontro da veciñanza. A praza converteuse nun punto neurálxico das principais celebracións locais: nas Festas do Carme, na Maruxaina, na Festa do Marisco, e de cada unha das actividades lúdico-deportivas de verán, acreditando o acertado de dispoñer dos máis de 6.000 metros cadrados de superficie, en pleno centro, ao servizo do pobo.

 

Sen lugar a dúbidas a praza dos Campos é un dos proxectos que provoca maior satisfacción persoal e política a aqueles que desde o primeiro momento  defendemos a súa posta en marcha. A aqueles que buscamos, negociamos e impulsamos os apoios necesarios para a súa apertura e financiamento. Naceu ademais como froito da cooperación entre distintas administracións, reflexo dunha xestión moi acertada nos tempos que corren, posto que ao contar co apoio da Xunta, non supuxo custe algún para as arcas municipais.

 A nova praza dos Campos é todo un éxito, claro que si. Un éxito que reflicte o compromiso dun pobo e dun goberno que aposta polo futuro. Que defende o impulso de novas infraestruturas, capaces de xerar actividade económica, capaces de revolucionar desde o punto de vista dos servizos, do incremento do valor e desde o punto de vista social.

 Fixemos posible o vello sono de devolver aos netos e aos fillos os espazos que tiñan os avós e os pais, recuperando a fisionomía de San Ciprián que hoxe máis que nunca mira ao mar, ás súas praias e paisaxes. Debemos felicitarnos polo éxito acadado por este ambicioso proxecto colectivo. Hoxe están a ser o conxunto dos veciños os que converten á nova praza dos Campos, ninguén o dubida, no corazón de San Ciprián.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General, INFRAESTRUTURAS |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Setembro 2011
    L M M X V S D
     1234
    567891011
    12131415161718
    19202122232425
    2627282930  
    « Ago   Out »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: