• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Nuevas Generaciones
Pleno do Parlamnto »

San Ciprián

9, Setembro 2011 por Admin B

 O deputado popular, e tenente de alcalde do Concello de Cervo, faise eco desta aspiración dos socios do Club Náutico “Amigos do Mar” de San Ciprián que solicitan estes novos usos portuarios

 BALSEIRO DEMANDA A CONSTRUCIÓN DUNHA MARIÑA SECA E UN ESPAZO DE GARDA PARA OS USUARIOS DO PORTO DE SAN CIPRIÁN

 

  • Con este obxecto rexistrou unha iniciativa no Parlamento de Galicia instando á Xunta a executar estas actuacións .

 

¿Que é unha mariña seca? Unha zona de varada das embarcacións para poñelas en seco, para resgardalas da resaca ou dos golpes de mar, ou tamén para efectuar nela operacións de arranxo, mantemento ou limpeza.

 

O deputado popular e primeiro tenente de alcalde do Concello de Cervo, Jose Manuel Balserio, demandou a construción dunha mariña seca e dun espazo de garda para os usuarios do porto de San Ciprián. Con esta finalidade rexistrou unha iniciativa no Parlamento de Galicia instando á Xunta e, máis en concreto ao ente público autonómico Portos de Galicia, a executar estas actuacións.

 O parlamentario galego explicou que a través desta petición vén de facerse eco dunha demanda dos usuarios do porto –con pequenas embarcacións pesqueiras e recreativas- e, nomeadamente, dunha aspiración capitaneada polos dous centenares de socios do recentemente constituído Club Náutico Amigos do Mar de San Ciprián.

 Jose Manuel Balseiro indica que o procedemento a seguir sería a  reordenación dos actuais espacios portuarios de tal xeito que, entre outras, poidan albergar unha mariña seca e unha instalación exterior –allea aos edificios existentes- que permita aos seus usuarios gardarse das inclemencias climatolóxicas, en especial, nos meses de inverno. Ambas actuacións terían ademais un custe nada elevado e razoable, posto que xa existe unha marquesina, que debería ser acondicionada ao efecto, para evitar o vento e a chuvia. Ademais, parte da explanada onde se atopaba a antiga nave de lonxa, é xa un espazo ideal para albergar a mariña seca e pode ser habilitado dun xeito sinxelo, para darlle cabida alí ás embarcacións naúticas e recreativas existentes, tanto para a súa estancia invernal, como para poder efectuar nese espazo labores de limpeza ou pequenos arranxos con maior seguridade. Ademais o porto xa dispón dunha grua que facilitaría a súbida das embarcacións ata a zona de varada.

 SAN CIPRIÁN: ESENCIA MARIÑEIRA

 Na exposición de motivos da iniciativa parlamentaria, Jose Manuel Balseiro lembra que a localidade lucense de San Ciprián (Cervo) sempre estivo vinculada ao mar e ao espírito mariñeiro, que constitúe unha das súas sinais de identidade máis salientables. De feito, existen múltiples pegadas históricas que acreditan a importancia deste porto, por exemplo, en relación coa captura de baleas, actividade da que a primeira comunicación escrita data dos anos 1550. Tamén acadaron grande fama os asteleiros de ribeira nos que se facian embaracións tradicionais e carabelas (aínda hoxe San Ciprían é un dos poucos pobos mariñeiros onde pervive hoxe un destes asteleiros de ribeira en actividade). A finales do século XVIII, San Ciprián convirtiuse nun porto de vital importancia para as Reais Fábricas de Sargadelos, pois dáballe saída polo mar ás porcelanas e armas que alí se fabricaban. E xa decada dos 60, no século XX , San Ciprián incrementou o seu potencial pesqueiro nas capturas de bonito. Moitas das familias residentes no pobo armaron barcos para levalos ao Gran Sol, ainda que despois esta actividade acabou concentrándose nos veciños portos pesqueiros de Burela e Celeiro.

 Malia que nun principio a pesca e marisqueo era unha das actividades máis relevantes no pasado, a día de hoxe San Ciprián conta cunha diversificación económica moi ampla, -industrializada, turística e activa- na que o protagonismo principal recae na empresa multinacional ALCOA EUROPE S.A., que absorbe un importante volume de man de obra (aoredor de 1.700 persoas). Con todo, Balseiro Orol explica que San Ciprián aínda mantén con actividade a súa Confraría de Pescadores, que articula gran parte da actividade na venda dos produtos resultantes do marisqueo local. Ademais é un pobo que  non renuncia á súa esencia mariñeira e son múltiples as iniciativas sociais que se están a desenvolver neste ámbito, como pode ser a creación dun Club Náutico –o quinto da comarca do litoral lucense, e vella aspiración dos amantes do mar da localidade-. Este pobo lucense é tamén sede do Museo Provincial do Mar, promovido no seu día polos  propios veciños.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Setembro 2011
    L M M X V S D
     1234
    567891011
    12131415161718
    19202122232425
    2627282930  
    « Ago   Out »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: