• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« San Ciprián
Inseguridade marítima »

Pleno do Parlamnto

14, Setembro 2011 por Admin B

Tirón de orellasda Cámara galega ao Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño ante ante o “abandono” ao que someteu a esta flota

O PARLAMENTO DE GALICIA APROBA, A PROPOSTA DO GRUPO POPULAR, ESIXIR AO GOBERNO  CENTRAL UNHA MAIOR IMPLICACIÓN EN APOIO DA FLOTA BONITEIRA

  • Reclama que o despregamento do operativo loxístico que acompaña ás embarcacións pesqueiras se determine e poña en funcionamento nunha soa fase e ao inicio da campaña de verán, a diferenza do que aconteceu este ano.
  •  O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, lembra que Galicia é a única comunidade autónoma que contribúe en apoio desta flota cos seus propios medios: o buque Sebastian de Ocampo e os helicópteros Pesca 1 e Pesca 2, que puideron dar asistencia moito antes á flota boniteira se o Ministerio tivera convocado a reunión de coordinación moito antes.

O Parlamento de Galicia aprobou a iniciativa proposta polo Grupo Popular para esixir ao Goberno central unha maior implicación en apoio da flota boniteira. O  tirón de orellas da Cámara galega dirixido ao Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, ten por obxecto –segundo explicou o voceiro popular do Mar, Jose Manuel Balseiro- esixirlle ao Estado que nos vindieros anos corrixa as deficiencias que aconteceron nesta campaña e que provocaron grande malestar no sector ao sentirse abandonado durante días e incluso semanas.

O acordo parlamentario reclama ao Goberno central que, a diferenza do acontecido este ano, o despregamento do operativo loxístico, que acompaña ás embarcacións pesqueiras adicadas á captura do bonito do Norte, entre en funcionamento desde o inicio da campaña de verán –aló polo mes de xullo- e nunha soa fase. Deste xeito as embarcacións pesqueiras disporían da asistencia precisa –en caso de emerxencia- tanto do buque hospital Juan de la Cosa como do patrulleiro da armada Chilreu que, na presente campaña, non acompañaron á flota durante todos os días da campaña de verán, a diferencia do que fixeron noutras ocasións.

O voceiro do Mar dos populares galegos, Jose Manuel Balseiro, lembrou que Galicia é a única comunidade autónoma que contribúe en apoio desta flota cos seus propios medios. Isto é así porque aos buques de titularidade estatal a Xunta engade o remolador Sebastian de Ocampo e os helicópteros Pesca 1 e Pesca 2 (estes últimos en apoio da flota que faena no Cantábrico). Pero tamén este ano o despregamento destes medios sufriu un considerable atraso, porque o Ministerio tardou máis dun mes en convocar a reunión de coordinación na que se decide o operativo loxístico que se despregará en apoio desta flota.  Para evitar eso o acordo parlamentario propón que esta reunión tamén teña lugar, sen excusa, con anterioridade ao inicio da campaña.

O acordo parlamentario contou co voto favorable de populares e socialistas e coa abstención do BNG. Jose Manuel Balseiro lamentou que os nacionalistas  non quixeran sumarse á petición e polo tanto que sexan incapaces de asumir a unha reivindicación xusta de Galicia en apoio da flota boniteira e dirixida a garantir unha mellor coordinación do operativo loxístico que acompaña as embarcacións pesqueiras galegas.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General, MAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Setembro 2011
    L M M X V S D
     1234
    567891011
    12131415161718
    19202122232425
    2627282930  
    « Ago   Out »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: