• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Pleno do Parlamnto
OPINIÓN »

Inseguridade marítima

16, Setembro 2011 por Admin B

O voceiro do Mar, Jose Manuel Balseiro, lamenta que este tipo de episodios en augas africanas estean en ascenso e en plena expansión xeográfica e reclama ao Goberno estatal medidas eficaces para evitalos

O GRUPO POPULAR SE INTERESA NO PARLAMENTO POLO SECUESTRO DO PETROLEIRO MATTHEOS I EN AUGAS DO GOLFO DE GUINEA

  • Segundo a información da que se dispón ata o momento entre a tripulación podería atoparse ata tres mariñeiros galegos.
  • O deputado popular subliña que esta é a cuarta ocasión na que se sufren estas eventualidades nos últimos anos polo que alerta “algo está fallando para que se esta a converter en algo tan común”.

O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro Orol, rexistrou unha pregunta na Cámara galega interesándose polo secuestro do petroleiro Mattheos I, acontecido o pasado mércores en augas do golfo de Guinea. O deputado popular quere coñecer a información da que dispón a Xunta de Galicia respecto destes feitos, así como a valoración que o goberno galego fai da reiteración deste tipo de acontecementos nos últimos anos.

Jose Manuel Balseiro explica que segundo a información coñecida ata o momento, entre a tripulación deste buque poderían atoparse ata tres mariñeiros galegos, de entre os cinco españoles embarcados. A eles e aos seus familiares quere transmitirlles a total solidariedade e apoio nestes momentos, á vez que o desexo de que este episodio poida resolverse pronto e satisfactoriamente.

Con todo, o voceiro do Mar dos popualres galegos alerta e lamenta que os secuestros e os roubos de buques en augas africanas estean en ascenso e en plena expansión xeográfica, tal e como demostran este tipo de feitos, e reclama, en consecuencia, que o Goberno estatal, como administración competente, adopte as medidas que sexan necesarias para evitalos. “Á luz do acontecido parece evidente que o fenómeno da piratería está crecendo de forma alarmante no golfo de Guinea pese a que, ata o momento, este tipo de episodios eran máis frecuentes fronte ás augas de Somalia ou Nixeria”-explica Balseiro.

O deputado popular está convencido de que “algo está fallando” para que noticias como esta se estean a converter en habituais e lembra, nese senso, que esta é a cuarta ocasión na que mariñeiros españois e galegos sofren estas eventualidades nos últimos anos. “Dous destes secuestros afectaron a atuneiros vascos e o terceiro a un barco de bandeira mozambiqueña”- lembrou Balseiro.

Non é a primeira vez que o voceiro do Mar dos populares galegos insiste na necesidade e poñer en marcha métodos máis eficientes para garantir a seguridade das tripulacións e buques. Xa o fixo cando aconteceron os secuestros do atuneiro Alakrana ou do pesqueiro Vega 5. Ao xuizo de Balseiro “polo de agora non parecen ter o éxito esperado as medidas promovidas polo Goberno de España –incluso no ámbito da cooperación internacional- e cómpre lembrar que, pese a iso, o Executivo central ten a obriga de garantir a seguridade e integridade física dos tripulantes españois en augas internacionais”.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General, INFRAESTRUTURAS, MAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Setembro 2011
    L M M X V S D
     1234
    567891011
    12131415161718
    19202122232425
    2627282930  
    « Ago   Out »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: