Comisión de Pesca e Marisqueo 22/09/2011

O voceiro do Mar, Jose Manuel  Balseiro, di que a solución pasa “por máis feitos e menos demagoxia” e lembra que os catro anos de nacionalismo no goberno da Xunta “foron tempo perdido” neste obxectivo 

BALSEIRO: A REXENERACIÓN DA RÍA DO BURGO PRECISA DOS ESFORZOS CONXUNTOS E COORDINADOS DE TODAS AS ADMINISTRACIÓNS IMPLICADAS

 

  • O actual Goberno galego “está a facer os seus deberes” coa aprobacióndo inminente do Plan de Saneamento Local e co desenvolvemento do Plan de Control de Vertidos e do Plan de Rexeneración das canles da ría do Burgo. Queda pendente o dragado da ría -que é competencia do Ministerio de Medio Ambiente- e incluso aquí a Xunta ten amosada a súa disposición de colaborar co Estado.
  • O Grupo Popular defende o acordo acadado entre a Consellería do Mar e Confraría de Pescadores da Coruña polo que a Xunta prestará apoio técnico, xurídico e administrativo na reclamación directa que o pósito efectuará diante da empresa causante do vertido de queroseno.

O Bloque Nacionalista Galego negouse a aceptar unha emenda do Grupo Parlamentario Popular na que se instaba a dar continuidade aos plans previstos pola Xunta de Galicia para mellorar a calidade das augas na ría do Burgo. No seo da Comisión de Pesca e Marisqueo que tivo lugar está mañá no Parlamento galego, os nacionalistas non quixeron sumar os seus votos á petición defendida polo voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, que insistía en que a solución á situación de degradación continua desta ría pasa “única e exclusivamente” polos “esforzos conxuntos de todas as administracións implicadas: Xunta, Goberno central e concellos”.

Balseiro Orol sinalou que no tocante á rexeneración da ría do Burgo fai falla “máis feitos, máis traballo coordinado, e menos demagoxia” e lembroulle aos nacionalistas que durante os anos nos que eles tiveron responsabilidade de Goberno na Xunta e durante o tempo no que apoiaron os orzamentos do Estado, “non foron quen de desenvolver ningunha actuación significativa para mellorar a calidade de auga desta ría, ao contrario, foi tempo perdido”.

PLANS DE ACTUACIÓN AUTONÓMICOS

Pola contra, o voceiro popular do Mar defende que hoxe a Xunta de Galicia está a “facer os seus deberes” nesta ámbito e respecto das tarefas que son da súa competencia. Así por exemplo, lembrou a inminente posta en marcha do Plan de Saneamento Local que implicará un investimento próximo ao millón de euros. Tamén, salientou os esforzos que se están a realizar no desenvolvemento do Plan de Control de Vertidos –que a través dunha boia controla a  diario a calidade das augas- e do Plan de Rexeneración Ambiental e Posta en Valor das Canles da ría do Burgo dotado con máis de 3 millóns de euros de orzamento e aprobado no pasado mes de maio. “En total, desde o ano 2000, a Xunta leva investido máis de 90 millóns de euros en actuacións relacionadas co saneamento da ría do Burgo”-explicou o deputado popular.

DRAGADO DOS LODOS

Por outra banda, Balseiro Orol reiterou a necesidade de que o Goberno central, a través do Ministerio de Medio Ambiente, acometa “sen máis dilación” os traballos de limpeza de lodos no fondo da ría, “como complemento ás labores realizadas pola Xunta e ao tratarse dun ámbito de exclusiva competencia estatal” –o dominio público marítimo terrestre-. Significou ademais o ofrecemento do Conselleiro de MATI, Agustín Hernández, quen tanto por carta como incluso, no último pleno do Parlamento, amosou a disposición da Xunta a colaborar co Goberno do Estado tamén nesta tarefa. Balseiro sinalou que resulta pouco comprensible que o Estado realice o dragado da ría de Noia e pola contra néguese a actuar de igual xeito na ría do Burgo e lamentou que esta actuación de limpeza de lodos desaparecera dos actuais orzamentos xerais do Estado.

RECLAMACIÓN Á EMPRESA CAUSANTE DO VERTIDO

Balseiro Orol defendeu finalmente o acordo acado entre a Consellería do Mar e a Confraría de Pescadores da Coruña, polo que a administración autonómica comprométese a prestar toda a colaboración técnica, xurídica e administrativa que precise este pósito, xa que ten previsto dirixir a súa reclamación directa á empresa responsable do vertido contaminante de queroseno e compensar así as posibles perdas producidas.