A Mariña lucense

O voceiro popular do Mar sinala a fortaleza dos portos de Burela e Celeiro que representan preto do 60% da actividade do conxunto dos portos de titularidade autonómica e colocan a Galicia no primeiro posto a nivel de pesca fresca no conxunto de España

BALSEIRO XULGA COMO MOI  POSITIVO QUE OS PORTOS MARIÑÁNS LIDEREN O RANKING AUTONÓMICO EN DESCARGA DE PEIXE FRESCO

  • Os datos reforzan a importancia estratéxica do sector pesqueiro mariñán como impulsor da actividade económica da provincia, sobre todo en tempos de crise, e o acertado dos esforzos da Xunta no seu apoio.

 

O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro xulga como “moi positivo” que os portos mariñáns lideren o ranking autonómico en materia de descarga de peixe fresco. Segundo os últimos datos coñecidos a zona con maior actividade neste ámbito foi a costa Cantábrica, con 28.868 toneladas de descarga en pesca fresca. A costa lucense están por riba das provincias da Coruña e Pontevedra. De feito, só nos peiraos de Burela e Celeiro recolleuse o 98% do peixe fresco de toda a costa norte galega, e xuntos ambos portos representan o 57,88% do volume total de toda a comunidade durante o mes de agosto.

O voceiro popular do Mar explica que estos datos dan mostra da fortaleza dos portos de Burela e Celeiro. Ambos están situados no posto primeiro e segundo –en número de descargas- dentro dos  122 portos de titularidade autonómica. Balseiro salienta que esta gran capacidade foi clave para que a comunidade galega poida colocarse tamén no primeiro posto a nivel de pesca fresca no conxunto de España.

Balseiro Orol tamén explicou que estes datos redundan na importancia estratéxica do sector pesqueiro mariñán como impulsor da actividade económica en tempos de crise e no acertado dos esforzos que está a levar a cabo a Xunta no seu apoio. Sinalou tamén que gran parte deste volume económico revirte directamente na provincia “o que sempre é unha boa nova”