Celeiriño

A declaración dunha área de reahibilitación integral (ARI) permitiría acceder a axudas autonómicas e estatais para a recuperación das vivendas e reurbanización do Celeiriño, pero o Concello non ten solicitado esta fórmula, pese a ser informado dela e ter transcorrido máis de tres anos desde que aconteceron os primeiros desaloxos

 BALSEIRO ACUSA A MELCHOR ROEL DE PERPETRAR UN ENGANO MASIVO AOS VECIÑOS DO BARRIO DO CELEIRIÑO QUE VIRON DANADAS AS SÚAS VIVENDAS

 

  • O director do IGVS, Boné Pina, confirma –a preguntas do deputado popular- que as axudas comprometidas polo Concello e pola Xunta bipartita na declaración de emerxencias non podían outorgarse porque eran inviables técnica e legalmente.
  • Ata en catro ocasións, durante todo este tempo, a Xunta requiriu do Concello que dera conta da reclamación xudicial á empresa presuntamente causante dos danos, sen obter resposta algunha e sen ter constancia de que se inciara o procedemento.
  • Boné Piná asegurou que desde o Concello “non se controlaron para nada as obras” e que ata a construción do muro pantalla foron moito peor “os remedios que a enfermidade”.

O deputado popular Jose Manuel Balseiro acusou ao alcalde socialista de Viveiro, Melchor Roel e ao anterior goberno bipartito da Xunta de Galicia de perpetrar un engano aos veciños do barrio do Celeiriño dicíndolles que iban a recibir unha serie de axudas “a sabiendas de que non poderían acceder a elas”. Balseiro fixo estas declaracións despois de que o director xeral do Instituto de Vivenda e Solo (IGVS), Antonio Boné, confirmara -a preguntas do deputado popular- que as axudas incluídas na declaración de emerxencia (céduda de rehabilitación) eran “legalmente inviables” xa que só poden concederse máis que a núcleos rurais.

 Balseiro considera gravísimo tamén que Melchor Roel “volvera a enganar por segunda vez” a estes mesmos veciños xa que, durante todo este tempo (máis de tres anos) non existe constancia reclamación xudicial fronte á empresa ou empresas presuntamente causantes dos danos. O devandito estremo foi confirmado tamén polo director xeral do IGVS quen dixo que o Concello non ten constestado ata catro requirimentos de información remitidos solicitando datos sobre a reclamación xudicial á empresa.

 SOLICITAR UN ARI

 O director xeral do IGVS tamén apostou como solución máis factible para o barrio a solicitude dunha área de reahibilitación integral (ARI), extremo do que xa teñen informado ao Concello “en diversas ocasións”. A declaración do ARI só pode facerse a instancia do Concello quen tamén ten que elaborar os informes sobre a mesma. As axudas resultantes desta figura xurídica poden ser tanto autonómicas como estatais e poderían destinarse tanto a rehabilitación das vivendas afectadas como a obras de reurbanización do barrio do Celeiriño. Ainda a pesar de todo, tampouco o Concello de Viveiro ten solicitado o ARI circunstancia que aproveitou o deputado popular Jose Manuel Balseiro, para adiantar que “se o Concello non fai os seus deberes, reclamarémoslle que os fagan formalmente, pois xa adianto rexistramos no Parlamento unha iniciativa instándolle á Alcaldía a cumprir cos veciños”

 PEOR O REMEDIO QUE A ENFERMIDADE

 O director do Instituto Galego de Vivenda e Solo tamén indicou, en resposta a preguntas de Balserio, que non poden prexulgar a “legalidade” das  licenzas outorgadas para o edificio en construcción que presuntamente causou os danos –pese as evidentes irregularidades postas de manifesto polo deputado popular- pero si asegurar “que desde o Concello non se controlaron para nada as obras porque facelas con bataches a 20 metros do mar é unha temeridade”. Ao mesmo tempo Boné Pina considerou desacertado “paralizar as obras coa escavación feita” pois foi “peor o remedio que a enfermidade, xa que en vez de buscar solución rápidas” tardáronse sete ou nove meses en dispoñer dos informes que aconsellaban levantar un muro pantalla todo ao redor, que daría consistencia as vivendas afectadas, antes de que caéran.