• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Comisión de Pesca e Marisqueo 4.10.2011
Intervención parlamentaria »

Reflexión

5, Outubro 2011 por Admin B

Aclara que o Hospital da Costa é alleo este conflicto xa que non conta con traballadores de limpeza dentro do seu cadro de persoal pois estas tarefas as desempeña unha empresa privada –SAMYL- a quen lle corresponde en exclusiva determinar e negociar as melloras salariais e laborais 

BALSEIRO RESPECTA AS REIVINDICACIÓN DO PERSOAL DE LIMPEZA DA EMPRESA PRIVADA SAMYL PERO CONSIDERA UN ERRO FACER DO HOSPITAL O LUGAR DAS PROTESTAS

  • O deputado popular di que o lugar escollido pola CIGA para as concentracións de protesta –o hall do hospital, xunto aos mostradores de admisión, onde se despachan as citas- non é o emprazamento máis idóneo por canto interfire negativamente na actividade do centro e prexudica a doentes e usuarios.

O deputado popular Jose Manuel Balseiro considera “totalmente respectables” as reivindicacións do persoal de limpeza da empresa privada SAMYL S.L. pero entende como “un erro” que os seus actos de protesta teñan lugar no Hospital da Costa.  

 “O emprazamento escollido polo sindicato nacionalista CIGA para as súas concentracións –o hall do hospital, xunto aos mostradores de admisión, onde se despachan as citas tanto por teléfono como persoalmente- non é o lugar máis idóneo e afortunado para este tipo de actos xa que interfiren negativamente na actividade do centro e prexudican a doentes e usuarios”-explica Balseiro.

CONFLICTO LABORAL ALLEO AO HOSPITAL

O deputado popular aclara que o Hospital da Costa é alleo este conflicto laboral xa que non conta con traballadores de limpeza dentro do seu cadro de persoal. De feito estas tarefas están concesionadas cunha empresa privada –SAMYL,SL- que é a quen lle corresponde en exclusiva determinar e negociar as melloras salariais e laborais. “É importante clarexar esto, para que non se distorsione a realidade e para que a xente saiba que estamos a falar dun conflicto que nada ten que ver co SERGAS, de feito este persoal desenvolve os seus servizos hoxe no Hospital da Costa como podía facelo noutros centros ou empresas disintas, sen que por iso o SERGAS teña competencia algunha sobre as súas condicións laborais”

O HOSPITAL COMO PLATAFORMA PUBLICITARIA

Balserio cre necesario facer unha reflexión para que non se caiga no erro de empregar o centro público hospitalario da Mariña como “bandeira ou plataforma publicitaria das reivindicacións” dun persoal cuxas condicións laborais non dependen da adminsitración pública –así o acreditan as leis e a xurisprudencia existente-. “Poderíamos entender que este persoal se manifestara noutros espazos ou na sede da empresa privada á que pertencen, están no seu dereito de facelo e non nos corresponde a nos xulgalo, pero nunca que o fagan nun lugar tan sensible como é o hospital onde aínda que non sexa a súa intención provocan un trastorno e múltiples prexuícios aos usuarios do centro, moitos deles -non o deberamos esquecer- persoas enfermas”.

Jose Manuel Balseiro tamén explicou que o Hospital da Costa está a tramitar diante dos servizos centrais do SERGAS as bases para concesionar de novo o servizo de limpeza “coas mesmas condicións que o resto dos hospitais galegos” e que este é un “trámmite que leva o seu tempo” pero que espera poida resolverse no futuro. Ata ese día “o contrato coa empresa privada SAMIL, SL está prorrogado” polo que este persoal presta os seus servizos no centro con total vixencia. Con todo, desexalles unha pronta “solución do conflicto laboral que afecta a estes traballadores e incluso que acaden todo o que sexa positivo para eles, pero apela a súa responsabilidade para que entendan que o Hospital da Costa non é o mellor lugar para manifestarse”.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en BENESTAR, SANIDADE |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Outubro 2011
    L M M X V S D
     12
    3456789
    10111213141516
    17181920212223
    24252627282930
    31  
    « Set   Nov »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: