• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« O Celeiriño
Orzamentos 2012 »

Autoridade Portuaria

21, Outubro 2011 por Admin B

O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular asegura que aos nacionalistas “toda a forza váiselles pola boca”

ANTÓN VEIGA (BNG) É O ÚNICO MEMBRO DO CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN DE PORTOS DE GALICIA QUE AÍNDA NON TOMOU POSESIÓN

  • Chama a atención que pese a euforia coa que acolleu o seu nomeamento como integrante deste órgano en representación da Deputación de Lugo e a urxencia coa que pretendía realizar as súas reivindicacións sexa o único membro do Consello de Administración que non asistiu á ultima xuntanza convocada.

O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro Orol, vén de facer público que Antón Veiga, vicepresidente nacionalista da Deputación provincial de Lugo é o único membro do Consello de Administración de Portos de Galicia que aínda non tomou posesión do seu cargo, xa que non asistiu á primeira xuntanza convocada despois da súa designación como membro deste órgano.

Ao deputado popular, Jose Manuel Balseiro, chámalle a atención que pese a euforia coa que o representante nacionalista acolleu a súa designación como membro do Consello de Administración do ente público portuario galego -en representación da Deputación de Lugo- e apesar tamén da urxencia coa que pretendía realizar moi distintas reivindicacións, Antón Veiga decidira non asistir á xuntanza, amosando que na realidade os nacionalistas teñen nulo interese por estes asuntos e que as súas propostas so responden a promesas e propagandas pre-electorais.

Lembremos que o propio Antón Veiga aseguraba a pasada fin de semana en distintos medios de comunicación que iba a solicitar, cando tivera lugar a reunión do Consello de Administración de Portos de Galicia, un cambio na estrutura directiva da autoridade portuaria Ferrol-San Ciprián para conseguir unha maior representación da provincia lucense. Con todo, esta petición non debe ser tan urxente para os nacionalistas tendo en conta a súa falta de asistencia á primeira das reunións convocadas.

CONTRADICIÓNS NACIONALISTAS

Balseiro concluíu que este comportamento demostra que aos nacionalistas “toda a forza váiselles pola boca” e que as súas propostas respecto da xestión dos portos galegos non son prioridades reais. O deputado popular sinala, que esta non é a primeira vez que no BNG incurren en contradicións e, e recorda que mentres que agora prometen a apertura do dique norte de Morás ao tráfico comercial xeral, cando gobernaron en Galicia –na Xunta bipartita- anularon o cinto industrial Cervo-Xove que reservaba os terreos necesarios para que futuras empresas puideran instalarse alí e facer uso deste novo porto de mercadorías.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en INFRAESTRUTURAS, MAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Outubro 2011
    L M M X V S D
     12
    3456789
    10111213141516
    17181920212223
    24252627282930
    31  
    « Set   Nov »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: