Grupo Provincial do Partido Popular

O PP na provincia de Lugo levará ó pleno da Deputación a apertura ó tráfico comercial do dique norte de Alcoa

Lugo, a 22 de outubro de 2011.- O Grupo provincial do Partido Popular levará ó vindeiro pleno da Deputación unha moción na que reivindica a apertura do dique norte de Alcoa ó tráfico comercial e a creación da autoridade portuaria de Lugo

Os populares explican na súa iniciativa que a multinacional Alcoa está a explotar, en réxime de concesión, o porto comercial de San Cibrao, dependente da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, pero que únicamente está a empregar o dique sur e que, polo tanto, non hai ningún impedimento para que o dique norte poida adaptarse para tráfico comercial.

Esta é unha reivindicación na que o PP está a insistir dende hai tempo ante o reiterado incumprimento por parte do Ministerio de Fomento e salientan que esta posibilidade suporía un gran impulso para o desenvolvemento da comarca da Mariña, xa que se traduciría nun maior progreso, creación de postos de traballo, desenvolvemento empresarial e beneficio social polo seu carácter dinamizador. Este proxecto, salientan dende o GPPP, é de gran interese para a provincia de Lugo que é ademais, a día de hoxe, a única provincia marítima de España sen Autoridade Portuaria. Unha discriminación, dicen os populares, á que é necesario poñer fin.

Por todo elo, no pleno do vindeiro martes pedirán ó Goberno da Deputación que detalle á corporación as xestións que realizou, indicando as institucións ás que se dirixíu e as datas nas que o fixo, para dar cumplimento ós acordos tomados anteriormente polo Pleno da Corporación en relación coa apertura ó tráfico comercial do dique norte do porto de San Cibrao e a creación da Autoridade Portuaria de Lugo.

Así como que a institución provincial reitere, ante o Goberno que se forme tras as vindeiras eleccións xerais, a instancia a emprender as accións necesarias para abrir ó tráfico comercial o dique norte do porto de San Cibrao e a efectuar as xestións pertinentes para crear a Autoridade Portuaria de Lugo.