Orzamentos 2012 – Mariña lucense

O deputado popular defende o investimento previsto polo Goberno galego na comarca e lembra que desde que o PP chegou á Xunta non deixaron de incrementarse

“SE OS SOCIALISTAS CRITICAN OS ORZAMENTOS DA XUNTA PARA A MARIÑA NO 2012 POR QUE PERANECÍAN MUDOS CANDO OS DO BIPARTITO ERAN DE MENOS DA METADE”

  • Contrasta os 35,7 M€ previstos para o 2012 cos só 14,9 que presupostou a Xunta bipartita no 2009
  • Mentres que o treito de competencia da Xunta do corredor da costa está en obras, o tramo estatal “nin está en execución, nin se sabe por onde pasará”

O deputado popular Jose Manuel Balseiro asegurou que se os socialistas critican os orzamentos da Xunta de Galicia para 2012 non se entende a razón pola que permanecían mudos cando os do bipartito eran moito inferiores, e achegaban menos da metade dos investimentos previstos na actualidade.

O parlamentario mariñán lembra que mentres o ano que vén a Xunta achegará 35,7 millóns de euros para obras ou servizos con destino concreto na nosa comarca, os últimos presupostos elaborados por socialisatas e nacionalistas -en 2009- só eran de 14,9 millóns de euros.

 Jose Manuel Balseiro dixo que, por exemplo, o PSOE está a criticar a partida orzamentaria destinada ao treito estatal do corredor da costa, cando eles non están a cumprir cos tramos da súa competencia. “Mentres que todo o mundo pode comprobar como avanzan as obras do corredor entre San Ciprián e Celeiro, o tramo de competencia estatal nin está en obras, nin aínda ten sequera determinado por onde vai a pasar”.

O deptuado popular lembrou ao PSOE que se algo na Mariña “nin está, nin se espera” é o “compromiso socialistas con esta terra” mentres que os orzamentos da Xunta desde que chegou o PP á responsabilidade de goberno “creceron cada ano”.

NOTA DO 21 DE OUTUBRO :

 OS DEPUTADOS POPULARES SALIENTAN QUE OS ORZAMENTOS DA XUNTA PARA A MARIÑA LUCENSE VOLVEN A INCREMENTARSE PESE AO CONTEXTO XERAL DE CRISE E AXUSTES