Xunta Directiva do PPdeG

               O presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que “é imprescindible un Goberno de España que non sexa un problema que agrava os problemas senón unha ferramenta para atopar e aplicar solucións” e asegurou que o camiño que leva feito Galicia non se pode continuar percorréndoo sós xa que é preciso un Goberno central que nos acompañe pola vía da planificación, do rigor e da eficiencia e no fomento da responsabilidade e a unidade.