Pleno do Parlamento 25/11/2011

No contexto actual de crise e axustes presupostarios non ten sentido que a administración desembolse inxentes cantidades de diñeiro público para adquirir  terreos en beneficio de empresas privadas, como pide o PSOE

O GRUPO POPULAR REXEITA A INTENCIÓN DOS SOCIALISTAS DE CONVERTER A XUNTA NUNHA GRAN INMOBILIARIA

  • Os populares defenden que as empresas negocien e compren directamente os terreos aos seus propietarios  evitando así empregar en exclusiva a fórmula da expropiación forzosa que propon o PSOE.
  •  Lembran que os novos  intrumentos normativos promovidos polo PP como son as DOT e o POL impiden que poida especularse co noso litoral, a diferencia do que fai e permite o goberno socialista andaluz.
  •  Balseiro di que fronte ao pasado de parálise, inacción e mesmo retroceso que caracterizou á lexislatura do bipartito o PP defende un futuro claro e libre para impulsar unha acuicultura ambiental e económicamente sostible.

 

O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, rexeitou a proposta socialista para modificar o novo sistema de adquisición dos terreos nos que se situarán as futuras piscifactorías. Os populares non están de acordo coa moción presentada hoxe polo PSdeG no pleno do Parlamento e a través da estes propoñían empregar como fórmula exclusiva para a adquisición destes terreos a da expropiación forzosa e outorgárllelos despois ás empresas acuícolas mediante concesión administrativa limitada no tempo.

O parlamentario popular considera que de levarse adiante a petición do PSOE estaríamos ante un intento de “convertar a Xunta de Galicia nunha gran inmobiliaria”. Balseiro xulga como “incomprensible” que no contexto actual de crise económica e insuficiencia orzamentaria o PSOE pretenda destinar  inxentes cantidades de diñeiro público para adquirir propiedades en beneficio de empresas privadas e, en contraposición coa petición socialista, defendeu o modelo actual, promovido pola Consellería do Mar, polo que as empresas interesadas en poñer en marcha un proxecto acuícola deben negociar directamente a súa compra cos propietarios dos terreos.

PROTECCIÓN DO LITORAL

O voceiro do Mar dos populares galegos significou que os terreos adquiridos por negociación directa só poderán ser destinados  en exclusiva á actividade acuícola e que, en todo caso, para evitar calquera tipo de suspicacia ou tentación de especular con estos espazos do noso litoral, o PP na administración autonómica puxo en marcha instrumentos urbanísticos de protección da costa como son as Directrices de Ordenación do Territorio (DOT) ou o Plan de Ordenación do Litoral (POL). “Fuximos así de calquera intento de facer un mal uso destes terreos, a difernza do que aconteceu en Andalucía onde un goberno socialista permite portos deportivos onde deberan ir piscifactorías”-dixo Balseiro.

ESTRATEXIA GALEGA DE ACUICULTURA

Noutra orde de cousas Balseiro indicou que fronte ao pasado de “parálise, inacción e mesmo retroceso”, que caracterizou á lexislatura do bipartito, o PP defende un futuro “claro e libre para impulsar unha acuicultura ambiental e económicamente sostible”. Neste contexto enmarcou a Estratexia Galega de Acuicultura na que xa está a traballar a Xunta e que será a “folla de ruta” capaz de impulsar esta actividade industrial en todos os ámbitos, “incluidas a I+D+i, a formación, a comercialización ou o financiamento”.

O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular salientou finalmente que Galicia será a primeira rexión costeira europea en contar cunha estratexia integral para a acuicultura antes incluso do 2014, data proposta pola UE na reforma da Política Común de Pesca para que todos os Estados Membros desenvolvan planes estratéxicos plurianuais sobre acuicultura. En definitiva, concluíu Balseiro, “os responsables autonómicos actuais están a sentar as bases para que Galicia recupere o liderado mundial da industria acuícola que perdemos –por mala xestión e pouco interese-  durante a lexislatura do bipartito”.