Cumprimos!

Prevese que as devanditas actuacións poidan estar rematadas antes de que finalice o mes de novembro e incluirán tanto a zona habilitada para a estancia e mantemento de embarcacions como unha marquesina metálica destinada a regardar aos usuarios do porto

 BALSEIRO SINALA QUE PORTOS DE GALICIA CUMPRE O MANDATO PARLAMENTARIO E HOXE MESMO INICIARANSE AS OBRAS DA MARIÑA SECA DE SAN CIPRIÁN

 

  • Espera que socialistas e nacionalistas “pidan perdón” por intentar enganar aos veciños ao negar que esta obra puidera levarse adiante e ao asegurar que non dispoñía de respaldo orzamentario.
  • “Nós o que prometemos cumplímolo, e cumpriremos tamén todas os compromisos adquiridos co pobo de San Ciprián a pesar de que estamos en tempos difíciles”-explicou Balseiro.

 

 O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular e primeiro tenente de alcalde do Concello de Cervo, Jose Manuel Balseiro, sinalou que Portos de Galicia está a cumprir o mandato parlamentario promovido por este mesmo deputado nas pasadas datas e xa, esta mesma mañá, darán inicio as obras de construción da mariña seca no porto lucense de San Ciprián.

As actuacións que hoxe comezan a executarse terán un dobre obxectivo: por unha banda, a habilitación dunha zona de varada das embarcacións para poñelas en seco, para resgardalas da resaca ou dos golpes de mar, e tamén para efectuar nela operacións de arranxo, mantemento ou limpeza e, pola outra, a instalación dunha estrutura metálica a modo de marquesina que protexerá aos usuarios do porto das inclemencias climatolóxicas.

Ainda que o acordo aprobado o pasado 4 de novembro na Comisión de Pesca do Parlamento de Galicia indicaba que as obras “non se prolongarán máis aló de finais deste ano, o 2011” a previsión hoxe é moito máis optimista e segundo explica Jose Manuel Balseiro, as obras poden estar rematadas a finais do mes de novembro, salvo que o mal tempo obrigue ao atraso dos traballos de construción da mariña seca.

PROMESAS CUMPRIDAS

Unha vez confirmada o inicio das obras que permitirán a San Ciprián contar cunha mariña seca e cun espazo exterior de resgardo, o deputado popular non se esquece de esixir aos grupos da oposición –a socialistas e nacionalistas- que “pidan perdón” por intentar enganar aos veciños ao negar que esta obra puidera levarse adiante e ao asegurar que nunca vería a luz porque non dispoñía de respaldo orzamentario.  Balseiro Orol dixo “que a través destes feitos, que é o que de verdade vale, demostramos que nós o que prometemos cumplímolo, e cumpriremos todas os compromisos adquiridos co pobo de San Ciprián incluso a pesar de que nos atopamos en tempos difíciles marcados pola crise e os axustes presupostarios”.