Balance do Goberno ZP

“SÓ HAI UN RESUMO POSIBLE: OS SOCIALISTAS FORON NEFASTOS PARA OS INTERESES DA MARIÑA LUCENSE”

  • Os candidatos ó Congreso Joquín García Díez e Jaime de Olano consideran que os erros do goberno de Zapatero hipotecan o futuro da actividade pesqueira.
  • Lamentaron que o ministro José Blanco dera as costas á comarca Mariña por non iniciar a construcción do Corredor e rematar a Autovía do Cantábrico.
  • Os populares convidaron a nacionalistas e socialistas a sumar “esforzos e forza” para que a apertura do dique norte de Alcoa e a creación da autoridade portuaria de Lugo sexa unha realidade o antes posible.

Viveiro, a 27 de outubro de 2011.- “A política desenvolvida polo goberno socialista en materia pesqueira foi nefasta para os intereses do sector pesqueiro na nosa provincia”. Así de contundente se amosou hoxe o cabeza de lista popular ó Congreso, Joaquín García Díez, quen compareceu hoxe en Viveiro acompañado do número dous Jaime de Olano e dos deputados autonómicos José Manuel Balseiro e Emma Alvarez, á hora de valorar os “desméritos” que caracterizaron a actuación do executivo encabezado por Rodríguez Zapatero.

Os socialistas, segundo explicaron, fixérono mal no ámbito estatal e tamén no que atinxe ás negociacións levadas a cabo no contexto da Unión Europea.

De portas adentro, especificaron, a súa actuación, como noutros ámbitos, defínese polos incumprimetos e pola improvisación. Así, favoreceuse a competencia desleal que productos foráneos lles fan ós nosos; incrementou a burocracia á hora de tramitar axudas, o que conlevou, por exemplo, que a nosa acuicultura perdera forza e cota de mercado en toda Europa; e mesmo deixou a súa sorte os nosos barcos durante a crise do gasoleo.

E valia coma exemplo de improvisación a presentación, a piques de rematar a lexislatura, do proxecto de lei de pesca sostible que, dadas as circunstancias e quen non contaba co apoio do sector, tivo que quedar aparcada nun caixón. “Todo o contrario do que pasou en Galicia coa proposta presentada pola Xunta”, segundo apuntillaron.

E “como guinda” da falta de apoio e compromiso con este sector, os populares fixeron constar que dende 2004 foi constante a merma nos orzamentos que o Estado adicaba á pesca. De 2004 a 2011 rebaixáronse un 53 por cento

Na Unión Europea, segundo os representantes populares, España, “primeira potencia pequeira”, foi ninguneada. Confirmano os feitos: nin unha soa das propostas feitas polo sector e que o goberno socialistas fixo súas foi incluida no borrador do regulamentos da reforma da Política Pesqueira Común. 

Esta circunstancia deixa claro a perda de peso e influencia no conxunto da Unión que deixa en herencia o goberno socialista nun ámbito, como é a pesca, no que somos referentes mundiais. O goberno de Zapatero non só non foi capaz de defender os intereses dos nosos pescadores senón que nin sequera foi capaz de aportar iniciativas propias a este respecto. As iniciativas presentadas polo PP no Congreso e as decisións adoptadas pola Xunta foron, de feito, a base sobre a que se sustentaban as súas propostas.

Á vista destes resultados, dende o PP retaron ós responsables socialistas, “a ese goberno do que forma parte José Blanco, a explicar as razóns que os levaron a acudir ós Consellos Europeos nos que se deciden cuestións tan trascendentes como os TACs e as  cotas de pesca para cada ano, con conselleiros de comunidades autónomas como Extremadura na vez de galegos, “que como todo o mundo sabe ten un extenso mar e unha potente flota pesqueira”, ironizaron.

Esa pode ser unha das razóns que expliquen, por exemplo, que España vira reducida este ano nun 15 por cento a súa cota pequeira global ou que a pesca de especies como a Xarda ou o Lirio estén na situación que están.

Os populares tamén tacharon de “desleal” a actitude do goberno central para con Galicia e botaron man de dous ejemplos: as trabas postas ó proceso de regulación das embarcacións e o feito de que non se opuxera ó novo  sistema de detección de biotoxinas en moluscos imposto por Bruselas pese a quedar acreditar que é máis caro, máis lento e menos fiable.

INFRAESTRUCTURAS.-

As dúas lexislaturas do Goberno socialista pasaron igualmente inadvertidas na comarca da Mariña no tocante ós grandes proxectos de infraestructuras dependentes da administración estatal. 

Esta invisibilidade ten a súa expresión máis evidente en dous proxectos “clave” para o desenvolvemento de Lugo en xeral e desta comarca en particular: o corredor entre Barreiros e San Cibrao e a falta de finalización da autovía do Cantábrico.

En sete anos o Goberno socialista, e nomeadamente o ministro Blanco, foi incapaz de facer un só metro do Corredor da Costa. Situación que contrasta co tramo de competencia autonómica que xa está en plena execución. “Por non ter”, recalcaron, “non ten nin trazado”, xa que Fomento non resolveu as alegacións presentadas por concellos e particulares ó estudo construtivo e, polo tanto, non existe aínda un trazado oficial definitivo. 

Con esta situación, segundo alertaron dende o PP, a Mariña lucense corre o risco de partirse en dous. Un espazo (San Ciprián-Ferrol) estará conectado por unha rede de comunicación moderna, e o tramo, entre San Ciprián e Barreiros, moito máis curto no seu percorrido, o PSOE directamente decidiu renunciar.

Neste caso, segundo recalcaron os candidatos populares,  non vale a excusa dos recortes orzamentarios. O treito do corredor entre San Ciprián e Barreiros -de competencia estatal- non se construiu nin en tempos de crise nin en tempos de maior bonanza. Recalcan, de feito, que as “reducidísimas” consignacións que cada ano se incluían nos orzamentos do Estado para esta estrada (10.000 euros) “non chegaron nunca a executarse”. “Non é entón un problema de cartos senón de compromiso político”.

Os recortes de Fomento tamén perxudicaron de xeito significativo á Mariña ó retrasar dous anos “como mínimo” a entrada en servizo da autovía do Catábrico. As obras suspendéronse durante os últimos meses do ano pasado (incluso leváronse a maquinaria como consecuencia dos impagos nos que incorreu Fomento coas empresas que executan as obras). Hoxe o tramo entre Mondoñedo-Lourenzá segue en obras e non dispón de reflexo orzamentario suficiente para poder executar as actuacións previstas para superar a complexidade técnica dos traballos pendentes.

A A-8, insistiron os populares, é o principal eixo vertebrador de Galicia, Asturias, Cantabria e Pais Vasco, así como de conexión de todas estas comunidades con Europa. Forma parte ademais do itinerario entre a A-6 e a costa da Mariña lucense por Vilalba e Mondoñedo, cuxa vía de comunicación na actualidade é a N-634, de San Sebastian a Santiago de Compostela. “A súa importancia está, por tanto, fora de toda dúbida”, salientaron.

NIN AVE NIN “MINI AVE”.-

A Mariña tamén queda fora do mapa do AVE “por obra e gracia do ministro Blanco”. No Plan Extratéxico de Infraestructuras e Transporte (PEIT) 2005-2020 incluíase a construcción do denominado AVE do Cantábrico pero en 2010 José Blanco optou por eliminar ese proxecto e, como alternativa, propuxo conectar Galicia con Asturias a través de trens FEVE, que alcanzarían unha velocidade máxima de 160 km/h, o que el mesmo bautizou como “mini AVE”. “Outra mostra inequívoca da preocupación amosada por José Blanco pola provincia de Lugo”, ironizaron os populares.
 
PORTO COMERCIAL.-

Os candidatos e deputados populares tamén incidiron na “trascendencia” que ten para a comarca e para a provincia a apertura ó tráfico comercial do dique norte de Alcoa.  Unha postura que o PP sempre tivo clara e que defendeu en todas as institucións, nos concellos, na Deputación, no Parlamento galegos e nas Cortes Xerais. Foi, de feito, o goberno de Aznar o que posibilitou a creación da provincia marítima lucense e foi tamén un goberno do PP na Xunta o que financiou o proxecto que acredita a viabilidade técnica, económica e xurídica da apertura deste dique.

“O Sr Blanco, como máximo responsable de Fomento, perdeu unha oportunidade de ouro para converter en realidade esta vella aspiración, pero optou por facer oidos xordos a esta reivindicación e dar as costas, tamén neste asunto, ós lucenses”, indicaron.  

Tamén a actitude adoptada polo BNG neste asunto foi obxecto de críticas por parte dos populares e tacharon de “oportunista” e “terxiversadora” a seu “interese repentino” por modificar a composición do actual consello de administración da autoridade portuaria Ferrol-San Cibrao. “Eles saben ben que este reparto está determinado por unha lei estatal na que a Xunta non é competente”, apuntillaron, ó tempo que convidaron a nacionalistas e socialistas a sumar “esforzos e forza” para que a apertura do dique norte de Alcoa e a creación da autoridade portuaria de Lugo sexa unha realidade o antes posible.