O PSOE despreza á Mariña lucense

Socialistas e nacionalistas relegan a postos sen posibilidade de optar a un escano aos seus candidatos mariñáns o que demostra o desprezo destas formacións políticas á nosa comarca

Blanco presenta na Mariña unha candidatura socialista sen opción algunha de acadar un representante por esta comarca

  • O secretario xeral do PPdeLugo, Jose Manuel Balseiro, asegura que só o PP co número dous de Jaime de Olano garante que A Mariña lucense teña representación no Congreso dos Deputados.

O secretario xeral do Partido Popular na provincia de Lugo, Jose Manuel Balseiro, asegurou que Jose Blanco se veu obrigado a acudir á Mariña lucense para facer a presentación da candidatura socialista e así disimular que nela non hai ningún candidato con opción de representar nas Cortes Xerais a esta comarca.

Balseiro asegura que só o PP a través do seu número dous na candidatura ao Congreso dos Deputados -Jaime de Olano- garante que a Mariña estea representada e teña voz na cámara lexislativa nacional e, polo tanto, o resto das forzas políticas directamente renuncian a defender os intereses da nosa comarca en Madrid.

O secretario xeral dos populares lucenses lamentan que tanto socialistas como nacionalistas releguen a postos sen posibilidade de obter un escano aos seus candidatos mariñáns e insiste que esta decisión agocha un claro desprezo por parte de PSOE e BNG a esta comarca .

“PSOE e BNG tan só presumen de defender esta comarca coa boca pequena, pero cando chega o momento de demostralo con feitos, xa vemos que A Mariña para eles non existe e por iso se ven na obriga de traer a xente como Jose Blanco para disimular o pouco que lles interese esta terra”-dixo Balseiro