• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Vota Partido Popular
A Mariña lucense polo cambio »

Intervención Parlamentaria

4, Novembro 2011 por Admin B

As previsións comunitarias para o reparto de posibilidades de pesca son “especialmente lesivas para os intereses da flota galega” e responden “á situación de debilidade e incapacidade negociadora” do Goberno socialista actual en Europa

 BALSEIRO SINALA COMO “TAREFA PRIORITARIA” DO GOBERNO QUE RESULTE TRAS O 20N A DE “CORRIXIR” A PROPOSTA DE COTAS PESQUEIRAS PARA 2012

  •  O voceiro do Mar dos populares galegos cualifica como “especialmente grave” os recortes previstos  para as flotas de Gran Sol nos que Europe peca de “excesivo conservacionismo” pois a situación real dos caladoiros demostra que hai abundancia de peixe.
  •  Os populares rexeitan “de plano” a intención comunitaria de porpoñer unha rebaixa xenérica do 25% nos TAC cando non existan datos certos sobre o estado dos recursos pois “non ten en conta o impacto socioeconómico nas flotas que provocaría esta decisión”.

 

Santiago, 4 de novembro de 2011.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, asegurou que o novo Goberno que saía elixido tras o 20N ten como “tarefa pendente e prioritaria” no ámbito pesqueiro a de “corrixir e emendar” a proposta da Comisión Europea sobre totais admisibles de capturas (TAC´s) e cotas para 2012. O parlamentario popular asegurou que o reparto actualmente previsto é “inaceptable” ademais de “lesivo para os intereses da flota galega” e responde “a unha situación de debilidade” en Europa do Goberno socialista central “que se veu incapaz de ser forte nas negociacións comunitarias”.

 PESCADA NO GRAN SOL

Balseiro Orol sinalou como “especialmente grave” os recortes que a Unión Europea propón nas capacidades de pesca das principais especies comerciais de Gran Sol, sobre todo pescada. Preto dun centenar de buques galegos poderían verse afectados por un exceso de conservacionismo “sen orixe e sen razón” da administración comunitaria e que non responde á situación real dos caladoiros, pois o propio ICES -organismo científico de referencia a nivel europeo- recoñece a abundancia de peixe en máximo históricos.

 FALTA DE DATOS

Finalmente o voceiro do Mar dos populares galegos rexeitou a intención da Comisión Europea de porpoñer unha rebaixa xenérica do 25% nos TAC cando non existan datos certos sobre o estado do recurso así como tamén considerou desacertada a intención de acadar o nivel de Rendemento Máximo Sostible en 2015, o que pode traer serias consecuencias socioeconómicas para Galicia.

Respecto destas dúas cuestións Balseiro singificou a firme oposición da totalidade ou práctica totalidade dos países da Unión Europea e lamentou que o Goberno de España fóra “unha e outra vez” a romolque das xestións da Consellería do Mar, que desde  o primeiro  momento desenvolveu múltiples xuntanzas coas autoridade europeas “para recordarlle a importancia de que antes de adoptar calquera  decisión teñan en conta os impactos socioeconómicos das mesmas nas flotas e áreas pesqueiras”  .

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en MAR, PESCA |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Novembro 2011
    L M M X V S D
     123456
    78910111213
    14151617181920
    21222324252627
    282930  
    « Out   Dec »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: