• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Intervención Parlamentaria
Feijóo, Barreiro e García Díez en Lugo »

A Mariña lucense polo cambio

5, Novembro 2011 por Admin B

O candidato do PSOE tan só se interesa pola Mariña lucense cando hai que pedir o voto pero non mentres que foi con el como ministro unha das comarcas máis prexudicadas polos recortes de Fomento

 BALSEIRO LÉMBRALLE A BLANCO QUE TRAS CASE OITO ANOS DE GOBERNOS SOCIALISTAS NIN REMATARON A AUTOVÍA DO CANTÁBRICO, NIN COMEZARON AS OBRAS DO CORREDOR DA COSTA

  • Escoitar aos socialistas falar de postos de traballo é case insultante: fai catro anos prometían o pleno emprego e rematan con cinco millóns de parados.
  • Salientan que fronte á promesa de Rajoy de blindar as pensións o PSOE ten a dubidosa honra de ser o primeiro partido que as conxela e as recorta.
  • Blanco está “inhabilitado como candidato polos seus problemas xudiciais” e así o demostrarán os lucenses co seu voto.

 O secretario xeral do Partido Popular na provincia de Lugo, Jose Manuel Balseiro, asegurou que o candidato socialista Jose Blanco tan só se interesa pola Mariña lucense “en período electoral e para pedir o voto”, pero non o fixo así durante o conxunto da pasada lexislatura xa que esta foi “unha das comarcas máis prexudicadas polos recortes e impagos do Ministerio de Fomento” que el dirixía.

Neste sentido Balseiro lembroulle a Blanco que tras case oito anos de gobernos socialistas nin foron quen de rematar a autovía do Cantábrico -permanentemente bloqueada no treito entre Lourenzá e Mondoñedo- nin deron comezado as obras do corredor da costa que se atopa na mesma situación administrativa que cando o PSOE accedeu en 2004 ao Goberno central. “Ambas actuacións adoecen de significativas parálises e atrasos inxustificados” -dixo Balseiro.

EMPREGO

O secretario xeral do PP lucense tamén lamentou que na súa visita á localidade de Ribadeo -ante un escaso aforo de simpatizantes- Jose Blanco decidira dar leccións sobre como se crean postos de traballo. Contrapuxo ademais as promesas socialistas “todas incumpridas” coas propostas de futuro que os mozos do PP e candidatos populares fixeron nun acto interautonómico sobre emprego organizado polas Novas Xeracións.

 “Escoitar a un socialistas falar de emprego é case insultante -expuxo Balseiro- tendo en conta que son eles os responsables de que hoxe en España haxa preto de cinco millóns de parados. De feito os que fai catro anos prometían en campaña electoral pleno emprego, hoxe deixan o goberno coa maior taxa de paro da nosa historia”

A DUBIDOSA HONRA DE RECOTAR AS PENSIÓNS

No ámbito das pensións o secretario xeral dos populares lucenses reclamou a Blanco e ao resto dos candidatos socialistas que “pidan perdón” por ter a dubidosa honra de ser os primeiros na historia deste país que non só non incrementan as pensións -conxelándoas- senón que incluso as baixaron recortando o poder adquisitivo das persoas maiores e pensionistas”.

INHABILITADO COMO CANDIDATO

Jose Manuel Balseiro dixo que a única declaración que os lucenses esperan escoitar de Jose Blanco é a da súa dimisión, como consecuencia dos procesos xudiciais nos que está inmerso. “Este señor, está inhabilitado como candidato, e así o demostrarán os lucenses a través do seu voto” e reclamou como alternativa a do PP, que traballará para que Galicia volva ser unha das prioridades do Goberno central que presida Mariano Rajoy.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en EMPREGO, General, INFRAESTRUTURAS |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Novembro 2011
    L M M X V S D
     123456
    78910111213
    14151617181920
    21222324252627
    282930  
    « Out   Dec »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: