• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Nuevo Gobierno
Cerámica de Sargadelos »

Pleno do Parlamento: TACs e cotas 2012

22, Decembro 2011 por Admin B

O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular sinalou que para acadar éxitos futuros e conquerir unha maior cota naquelas especies deficitarias é imprescindible continuar co “traballo en equipo co sector” segundo o modelo impulsado pola Xunta de Galicia

 BALSEIRO VALORA POSITIVAMENTE O TRABALLADO DESENVOLVIDO POLA CONSELLERÍA DO MAR TRAS FREAR AS PRETENSIÓNS INICIAIS DE RECORTES DE COTAS NAS PRINCIPAIS ESPECIES PESQUEIRAS

  • Valora como “satisfactorios” os incrementos de cota no caso do lirio, rape, rapante, bacallao de Noruega ou da pescada do sur, especies de gran interese comercial para a flota galega.
  • Os populares teñen a sensación de que o Ministerio foi “a remolque da Xunta” xa que foi a administración autonómica quen liderou a defensa dos intereses da flota galega en Europa, como se demostrou no caso do lirio.
  •  O PP defende no marco da reforma da política pesqueira común a substitución do sistema de TACs e cotas actual por un que atenda ao esforzo pesqueiro e no que se consideren dun xeito equilibrado factores biolóxicos, económicos e sociais.

 

Santiago, 16 de decembro de 2011.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro Orol, valorou positivamente o traballo desenvolvido polo equipo da Consellería do Mar, que lidera Rosa Quintana, nas negociacións que tiveron lugar  na pasada fin de semana e nas que se determinaron os TACs (totales admisibles de capturas) e cotas pesqueiras nos caladoiros da Unión Europea para 2012.

O deputado popular amosouse satisfeito coa tarefa desenvolvida en Bruxelas polo Goberno galego xa que se suavizaron significativamente as previsións iniciais da Comisión Europea que propoñían importantes recortes nas posibilidades de captura das principais especies pesqueiras. Os resultados finais foron cualificados como “aceptables” -segundo indicou Balserio Orol- tras acadarse aspectos “claramente positivos” para varias especies de grande interese comercial para a flota galega como é o caso do lirio, rape, rapante, bacallao de Noruega ou da pescada do sur.

O MINISTERIO A REMOLQUE

 Segundo Jose Manuel Balseiro as melloras nas posibilidades de pesca dalgunhas especies “teñen o selo de identidade de Galicia” feito que exemplificou co acontecido no caso do lirio. O espectacular aumento na posibilidades de pesca deste especie (dun 500% para o lirio do norte e dun 800% para o do sur) foi posible grazas a fundamentar a petición de aumento de cota no informe socioeconómico que a Xunta de Galicia encargou a Universide de Santiago de Compostela e no que se avaliaba o impacto na flota da drástica redución de cota desta especie decidida por Bruxelas na presente anualidade: 2011.

 O voceiro do mar dos populares galegos sinalou que “non sería xusto deixar de recoñecer que en moito do positivo conseguido foi decisivo o papel da Consellería do Mar e que tamén o será no moito que queda por conseguir”. Nesta liña defendeu a estratexia marcada polo departamento que dirixe Rosa Quintana e na que se aposta por unir esforzos co sector para mellorar as posibilidades de pesca daquelas especies máis deficitarias como é o caso da pescada do norte.

 CAMBIO DE MODELO NA PPC

 Por outra banda, Balserio sinalou que o Grupo Popular considera que o debate sobre totais admisibles de capturas e cotas pesqueiras “debe desaparecer, xa que está obsoleto e non serviu para o seu cometido”, e terá que ser substituído por un novo modelo de xestión que se basee no esforzo pesqueiro, e por considerar dun xeito equilibrado os aspectos ambientais, económicos e sociais no proceso de toma de decisións. Ambos aspectos que tamén defende a Consellería do Mar no ámbito da reforma da política pesqueira común (PPC).

Para concluír o voceiro popular do Mar lembrou que contra o que algúns afirman os primeiros interesados nunha explotación equilibrada e sostible dos caladoiros son os propios profesionais do mar “nelo vai o seu futuro” e insistiu en que Europa debe ser “un marco de oportunidades para o  noso sector pesqueiro e non de ameazas”.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en PESCA |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Decembro 2011
    L M M X V S D
     1234
    567891011
    12131415161718
    19202122232425
    262728293031  
    « Nov   Xan »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: