• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Felicitación de Nadal do PPdeG
Obradoiros de emprego »

Plan de Emprego e dinamización produtiva

26, Decembro 2011 por Admin B

O mércores día 28 a partir das 10.30h terá lugar no Parlamento de Galicia o debate e votación da iniciativa promovida polos deputados Jose Manuel Balseiro e Emma Álvarez

O GRUPO POPULAR ESPERA CONTAR CO APOIO UNÁNIME DAS FORZAS POLÍTICAS DO PARLAMENTO PARA PEDIR Á XUNTA O PLAN DE RECUPERACIÓN PRODUTIVA E DO EMPREGO NA MARIÑA

  • Balseiro lembra que a sociedade mariñá reclama unidade nas forzas políticas en defensa do emprego e insta á oposición a abandonar posición demagóxicas e intentar aproveitar politicamente o sufrimento de moitas familias.

Os deputados Jose Manuel Balseiro Orol e Emma Álvarez esperan contar co apoio unánime das tres forzas políticas con representación no Parlamento de Galicia de cara ao debate e votación da iniciativa urxente rexistrada polo Grupo Parlamentario Popular e na que se lle insta á Xunta de Galicia a poñer en marcha un plan de recuperación produtiva e do emprego na nosa comarca.

O PP explica que a sociedade mariñá reclama unidade nos distintos partidos políticos e non entendería que desde a oposición -PSOE e BNG- se siga unha postura demagóxica ou se intente aproveitar politicamente o sufrimento das familias afectadas polas crises laborais que están a ter lugar en varias empresas e que sufren dun xeito significativo os concellos de Mondoñedo e Lourenzá. En consecuencia fan un chamamento á responsabilidade de socialistas e nacionalistas e instanlles a sumarse a esta iniciativa construtiva e positiva para o futuro da nosa comarca.

Jose Manuel Balseiro quixo salientar de xeito expreso a importancia de que sexa o propio Partido Popular, a forza maioritaria da Cámara e a formación política que sustenta ao Goberno, o primeiro en promover no Parlamento esta iniciativa urxente que ten por obxecto dirixir un mandato á Xunta para que poña en marcha as decisións e mecanismos oportunos dirixidos á recuperación produtiva e á creación de novas oportunidades laborais na comarca da Mariña central e nomeadamente nos concellos de Mondoñedo e Lourenzá. Con todo insiste o deputado en sinalar a importancia de avalar o acordo coa unanimidade do Parlamento.

Será o vindeiro mércores día 28 a partir das 10.30h cando teña lugar no Parlamento de Galicia o debate e votación da iniciativa promovida polos deputados Jose Manuel Balseiro e Emma Álvarez. A mesma forma parte da orde do día da Comisión 5ª da Cámara galega, na que se abordan asuntos de Sanidade, Política Social e Emprego. A devandita iniciativa foi presentada tamén polo PP en diversas xuntanzas que mantivo cos traballadores das empresas afectadas pola crise laboral e obtivo unha boa acollida entre os mesmos.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en EMPREGO |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Decembro 2011
    L M M X V S D
     1234
    567891011
    12131415161718
    19202122232425
    262728293031  
    « Nov   Xan »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: