Obradoiros de emprego

O Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo está a desenvolver un grande esforzo económico en materia de fomento do emprego e mellora da capacidade de acceso ao mercado laboral de persoas en paro

 BALSEIRO SUBLIÑA QUE A XUNTA DE GALICIA TEN INVESTIDO 1,6 MILLÓNS DE EUROS NA MARIÑA LUCENSE PARA A POSTA EN MARCHA DE DIVERSOS OBRADOIROS DE EMPREGO

 

  • Os participantes recibiron formación teórico-práctica en disciplinas tales como albañelería, xardinería ou atención sociosanitaria e executaron diversas actuacións consideradas de utilidade pública ou interese social entre as que se incluíron a construción de novas dotacións para os seus concellos.
  • Preto dun centenar de persoas residentes nos concellos de Ourol, Alfoz, Valadouro e Cervo foron os beneficiarios destes programas dirixidos a desempregados con idades comprendidas entre 25 e 65 anos.

AUDIO 

O deputado autonómico do Partido Popular, Jose Manuel Balseiro Orol subliñou o esforzo que está a desenvolver o Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo no ámbito do fomento do emprego tal e como demostran os 1,6 millóns de euros que a Xunta investiu na Mariña lucense para a posta en marcha de distintos obradoiros de emprego. Segundo explicou o deputado popular, nesta ocasión foron os concellos mariñáns de Ourol, Alfoz, Valadouro e Cervo os beneficiarios destes programas -subvencionados pola Consellería de Traballo e Benestar- nos que se une formación e práctica laboral e que están dirixidos á mellorar as oportunidades laborais de persoas paradas con idades comprendidas entre os 25 e os 65 anos.

 Cadro.- Investimento da Xunta  — Obradoiros de Emprego

Concello

Total

OUROL

519.358,08

CERVO

581.167,44

RIO-OURO

519.357,60
   Total na Mariña lucense

1.623.904,12 €

 

ACTIVIDADES DE UTILIDADE PÚBLICA E INTERESE SOCIAL

Os participantes nos obradoiros de emprego desenvolven diversas actuacións consideradas de utilidade pública ou interese social. No caso do obradoiro de emprego promovido pola mancomunidade “Rio de Ouro” que agrupa aos concellos de Alfoz e O Valadouro, os participantes recibiron formación en técnicas e operacións con formigón, instalacións e mantemento de xardíns e en instalacións de elementos de carpintería. No tocante ao obradoiro de emprego executado no concello de Ourol os seus participantes obtiveron experiencia laboral no ámbito da albanelería e o mantemento de xardíns e de feito unha das súas obras máis salientables é adecuación do parque infantil e biosaudable e do paseo peonil da Rega. En Cervo os alumnos-traballadores que formparon parte do obradoiro adquiriron coñecementos en disciplinas como a albanelería, medio ambiente-xardinería e atención sociosanitaria.

BENEFICIARIOS: SETENTA E CINCO DESEMPREGADOS

 En total foron 75 as persoas que formaron parte como alumnos-traballadores nestes obradoiros. Todas elas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia. Na selección de persoal valorouse, de xeito preferente, ás persoas desempregadas que tiveran esgotadas as súas prestacións. A formación que recibiron, de carácter fundamentalmente práctico, tiña por obxecto facilitar a integración no mercado laboral dos participantes. De feito, as estatística amosan que unha porcentaxe elevada atopa traballo na mesma especialidade na que adquiriron os coñecmentos. Con todo, hai que salientar que, ademais da propia formación profesional, durante toda a duración do proxecto proporciónaselle aos alumnos traballadores outros contidos formativos, como pode ser a orientación e asesoramento profesional, empresarial e laboral ou coñecementos en materia de alfabetización informática e prevención de riscos, todos eles unha vez superados dan dereito á acreditación correspondente. Aos 75 alumnos beneficiarios hai que engadir outras persoas que tamén atoparon o seu emprego no obradoiro, na súa condición de monitores e persoal de dirección e administrativo, polo que a cifra total se aproxima ao centenar de beneficiarios.