Plan de Emprego na Mariña

Socialistas e nacionalistas están molestos porque sexa o Partido Popular quen leva a iniativa en defensa do emprego e da capacidade produtiva da Mariña lucense e así o demostran coa súa reacción excesivamente crispada

BALSEIRO LEMBRA Á OPOSICIÓN QUE O IMPORTANTE É OFRECER SOLUCIÓNS E REITERA A PETICIÓN PARA QUE PSOE E BNG DEN O SEU APOIO Á PROPOSTA POPULAR SOBRE O PLAN DE EMPREGO NA MARIÑA

 

  • Mañá mércores terán a oportunidade de demostrar no Parlamento co seu voto a favor da iniciativa popular “si están pola vía das solucións ou si polo contrario so intentan aproveitar politicamente a dificil situación pola que pasan estes traballadores de Mondoñedo e Lourenzá”- indica o deputado.
  • Balseiro aclara que cando no Parlamento o BNG rexistrou unha inicitiva sobre  Muebles Hermida “non quixo nin deu oportunidade ao consenso, e iso a pesar de que nos propuxemos xa daquela este plan de emprego. Os nacionalistas están a tempo de rectificar esta postura inmobilista e sumarse á iniciativa construtiva e positiva que promove o PP” 

AUDIO

 Jose Manuel Balseiro lamenta que socialistas e nacionalistas estén molestos, tal e como que demostran coa súa reacción excesivamente crispada, porque sexa o Grupo Parlamentario Popular quen leve a iniciativa en defensa do emprego e da capacidade produtiva da Mariña lucense. Con todo, o deputado popular lémbralle ás forzas da oposición que o importante “non é quen toma a dianteira -neste caso o PP- senón que o importante é ofrecer solucións”. Nesa liña Balseiro reitera a súa petición para que PSOE e BNG den  o seu apoio á proposta popular para a posta en marcha dun plan de emprego na comarca. “Eso é o que nos están a esixir os veciños: unidade e capacidade de reacción en defensa do emprego e  da recuperación produtiva da Mariña lucense e iso é o que pretendemos aprobar mañá no Parlamento a ser posible co apoio de todas as forzas políticas”-dixo o deputado.

PARLAMENTO DE GALICIA

Jose Manuel Balseiro asegura que PSOE e BNG terán a oportunidade mañá, no transcurso do deabate da iniciativa parlamentaria que se  abordará na Comisión de Sanidade, Política Social e Emprego do Parlamento de Galicia “de demostrar co seu voto a favor si están pola vía das solucións ou si polo contrario so intentan aproveitar politicamente a dificil situación pola que pasan os desempregados e nomeadamente os traballadores de Mondoñedo e Lourenzá”. Animoulles a abandonar estratexias partidistas de curto percorrido e nula utilidade e sumarse ao consenso que supón a iniciativa construtiva que promove o Grupo  Parlamentario Popular.

 O deputado popular tamén explica que existe un texto posterior ao rexistro da iniciativa parlamentaria que podería servir de base para o consenso. En concreto fala do acordo adoptado por unanimidade no Pleno Municipal do Concello de Mondoñedo o pasado 10 de decembro. Nel tamén se lle insta ás administracións competentes ( Xunta de Galicia, Deputación e Estado ) a formular un plano de desenvolvemento industrial con apoio público para contribuir á dinamización económica da comarca e, nomeadamente, dos concellos de Mondoñedo e Lourenzá. O PP estaría disposto a asumir tamén esta proposta de contar co voto favorable  de PSOE e BNG en Santiago tal e como fixeron en Mondoñedo.

 ERE MUEBLES HERMIDA

 Jose Manuel Balseiro tamén queixo aclarar que cando no Parlamento o BNG rexistrou unha inicitiva sobre  Muebles Hermida “non quixo nin deu oportunidade ao consenso, e iso a pesar de que nos propuxemos xa daquela este plan de empleo. Están a tempo de rectificar esta postura inmobilista e sumarse á iniciativa que promove o PP”. Balserio lembra que o PP coincidía ao 90% coa proposta de acordo que propoñía o BNG pero non coa parte na que instaba á Xunta a rexeitar o expediente de regulación de emprego desta fábrica de mobles, xa que como os  populares explicaron, o rexeitamento dun ERE non depende da vontade política do gobernante de  turno senón de criterios técnicos e obxectivos, de índole fundamentalmente económica. Balseiro pídelles aos nacionalistas que fagan memoria porque tamén o bipartito na Xunta aprobou un gran número de EREs e eso non signfica que estean a favor de que ninguén perda o seu posto de traballo e se dispoñeran dunha varita máxica contra o paro xa a terían empregado daquela”.