• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Plan de Emprego na Mariña
Inauguración da mariña seca en San Ciprián »

Emprego

28, Decembro 2011 por Admin B

Prospera co voto favorable de todas as forzas políticas a proposición promovida polos deputados Jose Manuel Balseiro e Emma Álvarez

O PARLAMENTO INSTA Á XUNTA, A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR, Á POSTA EN  MARCHA DUN PLAN DE EMPREGO E RECUPERACIÓN PRODUTIVA NA MARIÑA LUCENSE

  • Balseiro amosa a súa satisfacción polo consenso acadado e insiste en que o Grupo Parlamentario Popular e a Xunta seguirán traballando en defensa da Mariña e no combate ao desemprego.
  • O texto do acordo resultante é similar ao aprobado, tamén por unanimidade, no Pleno Municipal do Concello de Mondoñedo, e que PSOE e BNG rexeitaron na Deputación lucense.

Santiago, 28 de decembro de 2011.-O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia, a iniciativa do Grupo Popular, á posta en marcha dun plan de emprego e para a recuperación produtiva da Mariña lucense. Prospera así a iniciativa promovida polos deputados Jose Manuel Balseiro e Emma Álvarez e o fai ademais acada o voto favorable de todas as forzas políticas con representación da Cámara: PP, PSOE e BNG.

 O Grupo Parlamentario Popular rexistrou unha proposición non de lei co obxecto ofrecer solucións ante as problemáticas xurdidas nos últimos meses, de xeito especial nos concellos de Mondoñedo e Lourenzá, tras o anuncio de peches empresariais e despedimentos vinculados a expedientes de regulación de emprego.

 TEXTO FINAL CONSENSUADO

 O texto final, consensuado, pide no seu primeiro punto “instar ao grupo empresarial FINSA a reconsiderar a súa decisión de pechar a factoría ECAR e a estudar posibeis alternativas para garantir a súa continuidade e a dos postos de traballo”. En segundo lugar pide “ás administracións competentes que establezan as negociacións co grupo empresarial FINSA co obxectivo de evitar o peche da fábrica ECAR en Mondoñedo e garantir os seus postos de traballo, así como tamén establecer as negociacións oportunas co grupo Mobles Hermida dirixidas a garantir o mantemento  do emprego e a viabilidade da empresa”.

Finalmente o Parlamento mandata á Xunta a “impulsar en colaboración coa Deputación, o Estado e os concellos a  formular un plano de desenvolvemento industrial con apoio público para contribuir á dinamización económica da comarca e, nomeadamente, dos concellos de Mondoñedo e Lourenzá”.

SATISFACCIÓN NO PARTIDO POPULAR

Balserio valora moi positivamente que fora posible acadar a unanimidade das tres forzas políticas e insiste en que o Partido Popular seguirá traballando para promover todo tipo de iniciativas parlamentarias de impulso á acción do Goberno que contribúan a unha maior defensa da comarca da Mariña e ao combate das súas principais problemáticas, como neste caso, en materia de emprego.

 O deputado popular insiste en que esta vez si, e no Parlamento galego -a diferenza do acontecido onte na Deputación- fumos quen de reflectir o que os propios veciños da Mariña nos esixen “unidade e solucións”.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en EMPREGO |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Decembro 2011
    L M M X V S D
     1234
    567891011
    12131415161718
    19202122232425
    262728293031  
    « Nov   Xan »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: