• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Manuel Fraga
Autónomos »

Débedas dos concellos

17, Xaneiro 2012 por Admin B

En quince días con Rajoy no Goberno fíxose máis polos concellos que nos oito anos de Goberno socialista

Balseiro celebra a decisión de aprazar a débeda dos concellos  co Estado e salienta o desafogo que suporá para os concellos da Mariña

  • Os entes locais da comarca adebedan ao Estado 3,2 millóns de euros froito dos erros de cálculo e irresponsabilidade do anterior goberno socialista
  • Sinala o gran desafogo que vai a supoñer esta medida para as maltreitas facendas municipais e para permitir que se manteñan as políticas públicas dos concellos.
  • Lembra que a petición de devolver as liquidacións negativas en 10 anos en lugar de cinco é unha reivindicación que liderou o Goberno galego.

  https://josemanuelbalseiro.files.wordpress.com/2012/01/aprazamento-dc3a9beda-dos-concellos.mp3

A Mariña, 17 de xaneiro de 2012. O secretario xeral do PP na provincia de Lugo, Jose Manuel Balseiro Orol, expresou a súa satisfacción coa noticia de que o Goberno de Rajoy permitirá o aprazamento da débeda que os concellos teñen contraída co Estado. Unha débeda que, como lembrou o dirixente popular, non foi froito da actividade dos concellos senón das malas previsións orzamentarias e da irresponsabilidade do anterior Executivo de Zapatero.

Os erros de cálculo nas previsións económicas feitos polo goberno socialista central provocaron que os concellos mariñáns recibiran de máis en concepto de anticipos un total de 1,4 millóns de euros en 2008 e de 1,7 millóns de euros en 2009. Un saldo negativo total de 3,2 millóns de euros que o Estado lles reclamaba aos concellos e que tiñan que devolver en só 5 anos.

Para o dirixente popular, a decisión de aprazar a dez anos a devolución desta débeda demostra a sensibilidade do actual Goberno central coa situación económica dos entes locais e a súa aposta por evitar a quebra nas administracións máis próximas aos cidadáns: os concellos.

DESAFOGO

Nesta liña, Balseiro salientou o gran desafogo que vai supoñer esta medida para as arcas municipais e para as políticas económicas dos concellos. O dirixente popular considera que Rajoy deu un balón de osíxeno ao municipalismo rebaixando de xeito significativo o montante de devolución anual e ampliando a posibilidade de facelo durante a próxima década.

REVINDICACIÓN LIDERADA POLA XUNTA

Balseiro tamén quixo lembrar que a petición de poder devolver as liquidacións negativas en 10 anos en lugar de en cinco é unha reivindicación que se levou a cabo a nivel xeral polas comunidades, que foi liderada por Galicia, con Feijóo á fronte, e pola que Mariano Rajoy se interesou, como demostran os feitos.

Foi, por tanto, o Goberno galego o que solicitou varias veces no Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF) ese adiamento e foi sumando apoios ata conseguir practicamente a suma de todas as autonomías.

Como conclusión fianl, Balseiro subliñou que en 15 días con Mariano Rajoy á fronte do Executivo central avanzouse máis e fíxose máis polos nosos concellos que nos tres últimos anos con Zapatero e os seus compañeiros socialistas á fronte do Executivo.

PARTIDO POPULAR

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General, ORZAMENTOS |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Xaneiro 2012
    L M M X V S D
     1
    2345678
    9101112131415
    16171819202122
    23242526272829
    3031  
    « Dec   Feb »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: