• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Autónomos
Artigo de opinión »

Exclusión Social

25, Xaneiro 2012 por Admin B

O Goberno galego apoia a implicación do tecido asociativo en beneficio das persoas con maiores desvantaxes sociais

BALSEIRO LEMBRA QUE ESTÁ ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS DA XUNTA DIRIXIDAS A ONG´S E ASOCIACIÓNS QUE TRABALLAN CON PERSOAS EN EN RISCO DE EXCLUSION SOCIAL

  • As entidades beneficiarias poden ser as que elaboren todo tipo de programas dirixidos aos perceptores do RISGA, drogodependentes, ex reclusos, víctimas da violencia de xénero, mozos que estiveron en casas de acollida, ex prostitutas, emigrantes retornados con necesidades familiares, … etc.

https://josemanuelbalseiro.files.wordpress.com/2012/01/axudas-risco-exclusic3b3n-social.mp3 

Santiago, 25 de xaneiro de 2012.- O deputado popular Jose Manuel Balseiro vén de lembrar que a Xunta de Galicia abriu o prazo para solicitar as subvencións -para o ano 2012- dirixidas ás entidades de iniciativa social que realicen programas para fomentar a inclusión na comunidade e a integración no mercado de traballo das persoas en risco de exclusión social.

 As entidades beneficiarias poden ser as que traballen cun variado tipo de programas dirixidos a perceptores do RISGA, drogodependentes, ex reclusos, víctimas da violencia de xénero, mozos que estiveron en casas de acollida, ex prostitutas, emigrantes retornados con necesidades familiares, ..

 O deputado popular convida a todas as asociacións inscritas como prestadoras de servizos sociais, ONG´s, asociación de enfermos, e entidades sen ánimo de lucro a solicitar estas axudas e louba o compromiso do o actual Goberno galego que a través desta convocatoria pretende apoiar ao conxunto do tecido asociativo que traballa en beneficio das persoas con maiores desvantaxes sociais.

 As subvencións teñen por obxecto colaborar nun amplo espectro de programas: Desde actuacións tales como desenvolvemento das habilidades sociais e hábitos prelaborais ou técnicas de busca de emprego ata  actuacións de formación básica e de tipo laboral específica e adaptada ás necesidades dos colectivos en situación de exclusión social, que permitan mellorar a súa cualificación socioprofesional.

 A Xunta tamén podería financiar programas integrais de base comunitaria en zonas rurais que favorezan a inclusión social e laboral de persoas mozas, mulleres e colectivos con dificultades de inserción, ou actuacións de acompañamento social, que consistirán na posta á disposición dos usuarios, de servizos de apoio persoal e/ou familiar que faciliten o axeitado desenvolvemento de itinerarios de inserción sociolaboral.

 As axudas cubren un amplo espectro de gastos, desde o financiamento dos custes do persoal necesario para a execución das actividades, gastos correntes das asociacións ou ONG´s solicitantes, así como outros tales como prestamos finaceiros e alugueiros.

 Na nosa comarca existe un amplo número de asociacións, de  iniciativa social ou vinculadas a organizacións católicas que desenvolven a súa actividade neste ámbito,  atendendo a persoas en risco de exclusión social. Todas elas -lembra Balseiro- son potenciais beneficiarias destas axudas.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en BENESTAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Xaneiro 2012
    L M M X V S D
     1
    2345678
    9101112131415
    16171819202122
    23242526272829
    3031  
    « Dec   Feb »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: