Delegación de Mar en Celeiro

O voceiro do Mar do Grupo  Popular alerta ante un novo intento de manipulación e engaño do BNG e do PSOE aos veciños da Mariña lucense

“A DELEGACIÓN DE MAR EN CELEIRO SEGUIRÁ PLENAMENTE OPERATIVA E NELA CONTINUARÁN FACENDOSE OS MESMOS TRÁMITES QUE ATA O DE AGORA SEN NECESIDADE DE TRASLADARSE A LUGO”

  • O novo organigrama tras a fusión das Consellerías de Mar e Medio Rural non afecta para nada á capacidade de tramitación, número de persoal, competencias e funcionamento habitual que se dan na delegación da nosa costa.

  

Viveiro, 26 de xaneiro de 2012.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, alertou ante un novo intento de manipulación e engano do BNG e do PSOE aos veciños da Mariña lucense a conta da nova estructura territorial que vén de adoptar a Consellería do Mar e de Medio Rural tras a súa fusión nun só departamento autonómico.

 O deputado popular non quixo deixar espazo para dúbidas e de xeito absolutamente tallante asegurou que a delegación do departamento de asuntos marítimos da Xunta en Celeiro (que se denominará Xefatura de Coordinación da Área de Mar) “seguirá plenamente operativa e nela continuarán facéndose os mesmos trámites que ata o de agora, sen necesidade algunha de ter que trasladarse ata a cidade de Lugo”.

 Balseiro Orol lamentou o intento da oposición por “inventarse” os asuntos cos que atacar a acción do Goberno da Xunta e insistiu -para eliminar calquera tipo de dúbida que puidera xurdir entre os seus usuarios- en que non se perderán ningunha competencia na delegación con sede en Celeiro, que manterá todo o seu persoal, servizos e ubicación. O deptuado  popular lembrou que todas estas cuestións ademáis foron clarexadas pola propia Consellería a través dunha nota de prensa remitida onte e da que se fan  eco a maioría dos medios de comunicación comarcais.

 A nova estructura da Consellería recolle catro xefaturas territoriais de Medio Rural e do Mar -unha por provincia- e, a maiores, tres xefaturas de coordinación específicas da área de Mar, que funcionan nas cidades de Vigo, A Coruña e Celeiro, precisamente para achegar o seus servizos aos homes e mulleres do mar, sen necesidade de desprazamentos.