Delegación Mar en Celeiro

Novo desmentido ás dúbidas suscitadas polo socialista  Ismael Rego

BALSEIRO INSISTE EN QUE A DELEGACIÓN DE MAR EN CELEIRO NON PERDERÁ NINGUNHA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA E SEGUIRÁ PRESTANDO OS MESMOS SERVIZOS AO SECTOR PESQUEIRO

  • O deputado alerta ante os efectos perversos que pode provocar as manifestacións de membros dos partidos da  oposición aos usuarios deste servizo que pode levalos a confusión

 

Santiago, 27 de xaneiro de 2012.- O voceiro doMardo Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, saíu ao paso das dúbidas suscitadas hoxe polo deputado socialista Ismael Rego, respecto da nova estrutura dos órganos periféricos da Consellería de Medio Rural eMare insistiu na idea  apuntada onte de que a delegación de Celeiro non perderá ningunha función administrativa  e seguirá prestando os mesmos servizos ao conxunto do sector pesqueiro.

Balseiro lamentou que desde a oposición continúen na estratexia de “confundir á xente” e significou os efectos perniciosos que estas “falsas noticias que difunden desde os partidos da oposición” poden provocar aos usuarios deste servizo. “Podería darse o caso de que algunha persoa se traslade ata a cidade de Lugo, por creer que se centralizou o servizo, algo que non é certo, cando os mesmos trámites que facía ata o de agora pode seguir fadéndoos en Celeiro”

O deputado popular subliñou os continuos desmentidos oficiais feitos desde a propia Xunta de Galicia negando a centralización destes servizo e  significou que coa creación da Xefatura de Coordinación da Área do Mar, que seguirá situada nas delegación da Xunta en Celeiro, o que se pretende é facilitar, precisamente, que todos os usuarios fagan as correspondentes tramitacións sen necesidade de desprazarse desde a costa.