Enerxía eólica

O Consello da Xunta que tivo lugar no día de onte aprobou o último trámite autonómico  deste parque que se situará neste concello lugués

 

BALSEIRO É ALVAREZ CHAO SALIENTAN O INVESTIMENTO DE 16 MILLÓNS DE EUROS PARA A POSTA EN MARCHA DO PARQUE EÓLICO DE SASDÓNIGAS EN MONDOÑEDO

 

  • Os deputados populares destacan a importancia deste tipo de investimentos neste momento e lembra que o Parlamento de Galicia aprobaba o pasado decembro un acordo unánime instando á Xunta a desenvolver medidas de discriminación positiva e apoio en beneficio deste concello e do  conxunto da comarca.

 

Santiago, 27 de xaneiro de 2012.- Os deputados do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro e Emma Álvarez, veñen de amosar a súa satisfacción despois de que o Consello da Xunta de Galicia que tivo lugar no día de onte aprobara o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico de Sasdónigas, en Mondoñedo.

 Os parlamentarios sinalan que esta actuación suporá que se achegue ata esta localidade un investimento de 16 millóns de euros. A este investimento hai que sumar o feito de que, unha vez posto en marcha, posibilitará a recadación de máis de 45.000 euros anuais en concepto de canon eólico, o que repercute directamente no conxunto dos veciños.O Goberno galego vén de dar así o seu visto e prace ao último trámite autonómico para a posta en marcha deste parque que se situará neste concello lugués e no que se instalarán once aeroxeradores cunha potencia total de 17,6 MW.

 Balseiro e Álvarez Chao tamén quixeron relacionar esta boa nova lembrando o acordo aprobado polo Parlamento de Galicia, a iniciativa do Grupo Popular, e asumido por unanimide das tres forzas políticas parlamentarias o pasado mes de decembro. Nel pedíaselle á Xunta que impulsara medidas de apoio á recuperación produtiva e do emprego na Mariña lucense e, de xeito especial, en concellos como o de Mondoñedo, que hoxe vense beneficiados deste millonario investimento e da actividade económica a el aparellada. “É unha actuación especialmente ben recibida nestes momentos. E contribuirá a xerar riqueza e emprego na zona”- concluíron os deputados.