• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Melloras sanitarias
Portos en Galicia »

Urbanismo Viveiro

4, Febreiro 2012 por Admin B

Balseiro di que estamos ante un feito de singuar gravidade, que xera unha situación de incerteza e inseguridade xurídica para familias e empresas como consecuencia da acción temeraria do Goberno de Roel

O GRUPO POPULAR PREGUNTA NO PARLAMENTO GALEGO SOBRE AS IRREGULARIDADES URBANÍSTICAS DE VIVEIRO

  •  O TSXG vén de confirmar a anulación das licenzas outorgadas polo Concello de Viveiro para centenares  de vivendas e un hotel, autorizadas sen contar cos preceptivos informes xurídicos, urbanísticos e de patrimonio.
  • Os deputados populares queren coñecer a opinión da Xunta respecto das presuntas responsabilidades derivadas da concesión ilegal das licenzas e respecto da situación xurídica na que se atopan estas construcións.

Viveiro, 04 de febreiro de 2012.- Os deputados do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, Emma Álvarez e Román Rodriguez veñen de rexistrar unha bateria de iniciativas parlamentarias na Cámara galega interesándose polas irregularidades urbanísticas de Viveiro, ratificadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) tras confirmar as sentencias que anulaban as licenzas outorgadas polo Concello, para centenares de vivendas, e  que foron autorizadas pola Xunta de Goberno Local que presidía o actual alcalde, o socialista Melchor Roel.

Os deputados populares explican que estamos ante un feito de singular gravidade, que xera ademais unha situación de incerteza e inseguridade xurídica para as familias e empresas afectadas pola anulación das licenzas. Na súa iniciativa sinalan directamente ao Goberno de Melchor  Roel de ser o responsable máximo -a xuízo do ratificado pola xustiza- dunha acción temeraria e gravemente prexudicial para os seus veciños e para o propio Concello, de ter que asumir as contías de millonarias indemnizacións.

Balseiro sinala ademais que a práctica de outorgar licenzas urbanísticas por silencio administrativo e/ou sen contar cos preceptivos informes xurídicos, técnicos ou de patrimonio -entre outros- respondía a un comportamento habitual do Goberno de Roel e se remite, nese senso, as declaracións feitas nos pasados días polo alcalde no xulgado vivairense onde comparecía como imputado por presuntos delitos urbanísticos.

Coas preguntas parlamentarias Jose Manuel Balseiro, Emma Álvarez e Román Rodríguez -portavoz de urbanismo dos popualres- queren coñecer a opinión da Xunta de Galicia respecto das presuntas responsabilidades que se poden derivar destes feitos -a concesión ilegal de licenzas- así como respecto da situación xurídica na que se atopan estas construcións.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Febreiro 2012
    L M M X V S D
     12345
    6789101112
    13141516171819
    20212223242526
    272829  
    « Xan   Mar »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: