• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Portos en Galicia
Impulso á acuicultura »

Comisión de Industria 08 02 2012

8, Febreiro 2012 por Admin B

O deputado do Grupo Popular solicitou aos partidos da oposición que retiraran as súas iniciativas tendo en conta que quedaron obsoletas

JOSÉ MANUEL BALSEIRO ACUSA A SOCIALISTAS E NACIONALISTAS DE “CHEGAR TARDE” COAS SÚAS PROPOSTAS DE EMPREGO E RECUPERACIÓN PRODUTIVA PARA A MARIÑA LUCENSE

  •  O pasado 28 de decembro o Parlamento aprobaba un texto de consenso no que se lle instaba ás administracións a poñer en marcha un plan de emprego e recuperación produtiva da Mariña
  • Balseiro lembra que tras a visita do Conselleiro de Economía e Industria a Mondoñedo xa se constituíu unha comisión encargada de facer un seguimento ás iniciativas de apoio comarca

Intervención de Jose Manuel Balseiro na Comisión de Industria do Parlamento de Galicia (08.02.2012)

https://josemanuelbalseiro.files.wordpress.com/2012/02/comisic3b3n-de-industria-maric3b1a-lucense-08022012.mp3

Santiago, 8 de febreiro de 2012.- O deputado do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, defendeu que as iniciativas debatidas hoxe por PSOE e o BNG no seo da Comisión de Industria do Parlamento de Galicia, nas que se pedía a posta en  marcha dun plan de emprego e recuperación produtiva para A Mariña, “chegan tarde, quedaron obsoletas, perderon todo o seu sentido e deberan ser retiradas”.

Balseiro lembrou que fai preto de dous meses, o 28 de decembro de 2011, o Parlamento de Galicia xa aprobou por unanimidade das tres forzas políticas con representación na Cámara galega (PP, PSdeG, e BNG) un acordo consensuado no que se lle instaba a Xunta “a impulsar en colaboración coa Deputación, o Estado e os concellos  un plan de desenvolvemento industrial con apoio público, para contribuir á dinamización económica da comarca e, nomeadamente, dos concellos de Mondoñedo e Lourenzá”.

“Dado que existe xa un acordo parlamentario previo e unánime non ten sentido volver a adoptar outro” -explicou Balseiro- “E moito menos cando se trata de aprobar un texto practicamente idéntico (coinciden ata as mesmas palabras) ao que xa existe”. O deputado popular sospeita que o que parece molestarlle aos grupos da oposición é que sexa o PP e non eles quen leva a dianteira en apoio dos traballadores afectados polos EREs e reclamando iniciativas de rehabilitación para a comarca.

A XUNTA ACTÚA

Balseiro tamén aclarou que a Xunta, a diferenza do que acontece con outras administracións como a Deputación de Lugo, “que se lavou as máns ante os problemas”, xa está cumprindo os seus obxectivos e está traballando para o impulso da Mariña lucense.

O deputado popular lembrou que o pasado 24 de xaneiro foi o propio Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, quen visitou o Concello de Mondoñedo, mantivo reunións cos representantes políticos e dos traballadores afectados polo EREs e adiantou as medidas que se están a desenvolver. Entre elas, acordouse a creación dunha comisión de seguimento conformada por representantes da consellería, de Xesgalicia, do Impulsa Lugo ademais do Concello de Mondoñedo e que ten como principal obxectivo avaliar as medidas de impulso ao emprego e de pulo produtivo que se están a desenvolver na Mariña lucense.

“O Goberno galego fará todo o posible para buscar proxectos que se poidan instalar nesta comarca” -dixo o deputado-. “Lembremos que falamos  dun territorio que forma parte do ambicioso programa Impulsa Lugo, a través do que a  Xunta xa mobilizou investimentos en Mondoñedo por importe de máis de 4,3 millóns de euros, beneficiando a 30 empresas locais”.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en EMPREGO |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Febreiro 2012
    L M M X V S D
     12345
    6789101112
    13141516171819
    20212223242526
    272829  
    « Xan   Mar »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: