Reforma da Lei de Costas

Os populares queren contribuír a mellorar a normativa estatal logo do compromiso do novo ministro que anunciou que promovería a súa reforma

O GRUPO POPULAR PRESENTA UNHA PROPOSTA PARA QUE NA MODIFICACIÓN DA LEI DE COSTAS SE RECOÑEZAN OS NÚCLEOS RURAIS TRADICIONAIS DO LITORAL GALEGO

 

  • Balseiro lembra que a aplicación da lei actual xerou importantes prexuízos en Galicia onde existen multitude de asentamentos nacidos ao abeiro da actividade mariñeira e nunha liña moi próxima á costa.
  •  A Lei estatal incluso chega a  impor severas restricións a calquera reforma nas casas que conforman devanditos núcleos, e que ata o momento traducíronse nunha choiva de multas a centos de veciños e expedientes de demolición.

 

Audios:

A Mariña lucense, 24 de febreiro de 2012.- O deputado Jose Manuel Balseiro, anunciou que o vindeiro pleno do Parlamento de Galicia abordará unha iniciativa -promovida polo Partido Popular – a través da que se insta á Xunta para que se dirixa ao Ministerio de Medio Ambiente co fin de que ante a anunciada reforma da Lei de Costas “se dea solución ao recoñecemento dos núcleos rurais tradicionais e asentamentos do litoral galego”, moitos dos que, tamén poden verse na Mariña lucense.

Os populares queren contribuír a mellorar esta normativa estatal tras o anuncio efectuado polo novo  ministro, Miguel Arias Cañete, no que adiantaba a posibilidade de acometer unha reforma da Lei de Costas, “unha norma do ano 1988 que tende a protexer e por en valor o litoral  pero que na súa formulación actual, provoca múltiples prexuízos ao non contemplar un fenómeno netamente galego, como son os asentamentos rurais.

Mentres que a lexislación urbanística galega si recoñece os tradicionais asentamentos nacidos ao abeiro da actividade mariñeira e nunha liña moi próxima á costa, non pasa o mesmo coa Lei estatal, que incluso chega a  impor severas restricións a calquera reforma nas casas que conforman devanditos núcleos, e que ata o momento traducíronse nunha choiva de multas sobre centos de veciños e expedientes de demolición.

 MÁIS SEGURIDADE XURÍDICA

A maiores esta modificación da Lei de Costas “tamén permitiría dar seguridade e garantías xurídicas aos cidadáns que teñen bens afectados polos deslindes, ao recoñecer a todos aqueles cidadáns que actuaron de boa fe ou ao amparo de actos administrativos (licenza de obra ou sentenza xudicial firme) a posibilidade de que o Estado lles outorgue unha concesión de uso por 30 anos ou, no caso de que a Administración decida exercer o dereito de facerse titular dese ben, se faga cargo das cargas hipotecarias que teña o cidadán”, apuntou Balseiro.

O deputado popular explicou que esta modificación “permitiría adaptar a normativa, desde o escrupuloso respecto ambiental, á realidade xeográfica da comunidade galega”, feito que desde o Partido Popular “temos pedido en numerosas ocasións en defensa du feito diferencial e singular da comunidade galega, como é a existencia de núcleos rurais e a súa relación simbiótica co medio mariño”, concluíu Balseiro