San Ciprián

A Lei do patrimonio de Galicia permite a cesión de bens mobles da Comunidade Autónoma sempre que se dediquen a fins de utilidade pública ou interese social 

A CONSELLERÍA DO MAR CEDE AO CONCELLO DE CERVO O GUINDASTRE HIDRÁULICO DO PORTO DE SAN CIPRIÁN

 

  • O departamento que dirixe Rosa Quintana dá resposta deste xeito a unha petición capitaneada polos socios do Club Náutico da localidade

Santiago, 28 de febreiro de 2012.- O voceiro do Mar  do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, amosou a súa satisfacción despois de coñecerse a decisión da Consellería do Mar de ceder a favor do Concello de Cervo o guindastre hidráulico do porto de San Ciprián (Lugo).

O parlamentario lembrou que a Xunta dá resposta, deste xeito, a unha reivindicación dos usuarios destas instalacións portuarias e, máis en concreto, dos socios do club náutico de San Ciprián que pese á súa recente constitución, xa supera os 160 de integrantes.

A Lei 5do patrimonio de Galicia, permite a cesión de bens mobles da Comunidade Autónoma sempre que se dediquen a fins de utilidade pública ou interese social. Neste caso a Consellería do Mar cede á administración municipal de Cervo este aparato e a maquinaria complementaria de cara a que poida ser empregada para a realización de actividades de varada de embarcacións pesqueiras neste porto e a outros servizos complementarios que poidan xurdir.

CARACTERÍSTICAS

Trátase dun guindastre telescópico non pregable de funcionamento hidráulico para varada de embarcacións (capacidade 10 toneladas a 5 metros do eixo). Inclúe  un cabrestante hidráulico con freo, limitador de tiro, polea de reenvío 6.100-10.000 kg e contrapeso, instalado. A cesión tamén inclúe unha central electrohidráulica anexa e o equipo de radiocontrol, e dúas eslingas para 6 toneladas e 14 metros de lonxitude