• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« OPINIÓN: Festa do Ourizo
Bolsa de Vivenda a Prezos Taxados »

Apoio ás administracións máis próximas ao cidadán

13, Marzo 2012 por Admin B

Tralas iniciativas do Goberno para financiar o pago aos provedores

Balseiro pon en valor as medidas da Xunta de Galicia a favor dos concellos

  • O Goberno galego vai manter a contía do Fondo de Cooperación Local a pesar de que os ingresos autonómicos volverán retroceder.

  

A Mariña, 13 de marzo de 2012.- O secretario xeral do PPdeLugo, Jose Manuel Balseiro, quixo hoxe destacar as medidas que o Goberno galego está a poñer en marcha a favor dos concellos ao longo deste 2012, pensadas para que “superen a actual crise económica e consigan soportar a caída nos ingresos municipais”, que está a poñer en xaque ás facendas locais. “Feijóo atende ás demandas dos alcaldes de conseguir máis liquidez e axilizar a percepción de axudas e subvencións autonómicas”, resumiu.

Principalmente, Balseiro destacou a decisión da Xunta de manter a contía fixa do Fondo de Cooperación Local para este ano 2012, que volverá a ser de 116 millóns de euros. Isto, “a pesar de que a Xunta vai recibir menos fondos do Estado, como consecuencia da recesión económica herdada do Goberno de Zapatero”.

Neste capítulo, indicou que nos últimos días as corporacións locais recibiron 1,33 millóns de euros adicionais, unha pequena inxección financeira “que é todo un apoio nestes momentos tan críticos”.

O Fondo de Cooperación local son achegas que o Executivo autonómico fai chegar aos 315 concellos galegos para o financiamento xenérico das súas actividades. Cómpre valorar  calquera incremento destas contías para favorecer unhas arcas municipais que atravesan estreiteces económicas moi acusadas

ANTICIPOS DE SUBVENCIÓNS

Balseiro tamén lembrou outras medidas xa adoptadas pola Xunta nestes últimos meses, por exemplo o anticipo do 50% do Plan Concertado antes do mes de abril ou as liquidacións trimestrais de numerosas ordes de axudas e subvencións, co obxectivo de aliviar as cargas sobre as facendas locais. “A Xunta é sensible cos problemas que atravesan os concellos”, afirmou.

Ás accións emprendidas pola Xunta súmanse as decisións do Goberno de España. En apenas dous meses de lexislatura “fixeron máis polos concellos que o PSOE no sete anos de Zapatero”. As principais medidas, enumerou Miranda, foron a ampliación de cinco a dez anos para a devolución dos 176 millóns en concepto de liquidacións negativas de 2008 e 2009, a subida temporal do IBI (que permitirá recadar en Galicia 100 millóns de euros en dous anos) ou o Plan de Pago a Provedores, “que reactiva a economía e o emprego e pon a cero o contador das facturas impagadas”.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Marzo 2012
    L M M X V S D
     1234
    567891011
    12131415161718
    19202122232425
    262728293031  
    « Feb   Abr »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: