• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Pregunta parlamentaria Pleno 11/04/2012
Comisión de Urbanismo no Parlamento de Galicia »

Pregunta parlamentaria 11/04/2012

11, Abril 2012 por Admin B

A Xunta confirma en resposta parlamentaria a Jose Manuel Balseiro que traballa xunto co Goberno central para acadar un incremento na cota de pescada do norte a partir do mes de xuño

  • O departamento que dirixe Rosa Quintana está en contacto permanente coa Secretaria Xeral de Pesca para tramitar e transmitir os argumentos favorables á subida do TAC desta especie
  • Un dos datos de apoio que recolle un informe do Instituto Español de Oceanografía e que citou a conselleira é o incremento dende 1998 do nivel do stock de reprodutores de pescada do norte
  • A titular de Medio Rural e de Mar sinalou que “a maioría dos pagamentos dos convenios de conservación e xestión están efectuados restando, nalgúns casos, tan só aquelas contías para as que se achegou tarde a documentación xustificativa”

Audio resume da intervención de Jose Manuel Balseiro e a conselleira do Mar, Rosa Quintana:

https://josemanuelbalseiro.files.wordpress.com/2012/04/pregunta-da-pescada.mp3

Santiago, 11 de abril de 2012.- A Xunta traballa xunto co Goberno Central para acadar un incremento na cota de pescada do norte a partir de xuño, mes no que a comisaria europea de Pesca, María Damanaki, se comprometeu a realizar unha revisión do TAC desta especie. O departamento que dirixe Rosa Quintana está en contacto permanente coa Secretaria Xeral de Pesca para coñecer a evolución do estudo sobre as posibilidades de subida do TAC desta especie. Este documento foi elaborado pola Secretaría Xeral de Pesca e trasladado por ese organismo á Unión Europea. Así o especificou no Parlamento a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana.

A conselleira engadiu que, coa achega desta información e a asunción da mesma por parte do ICES e do Comité Científico, Técnico e Económico da Pesca, estaremos en disposición de poder acadar unha maior cota de pescada do norte para este ano. Neste sentido, indicou que o informe do Instituto Español de Oceanografía inclúe sólidos argumentos científicos que apoian o incremento da cota. En particular, este documento plasma o cambio na consideración sobre a velocidade de crecemento da pescada do norte, que sofre un considerable incremento grazas á información achegada polas campañas científicas de marcado, liberación e recaptura.

Outro dos datos que aporta o informe e que citou a conselleira é a suba dende 1998 do nivel do stock de reprodutores e estimou que en 2011 se acadou o seu valor histórico coñecido, achegándose ás 140.000 toneladas, a biomasa máis alta dende 1978. A titular de Medio Rural e de Mar lembrou que a tardanza no traslado desta información e das consideracións científicas ao ICES polo anterior Goberno impediron que se tiveran en conta á hora de establecer a cota para 2012. Cabe lembrar que no Consello de Ministros de Pesca de decembro de 2011 para a cota da pescada do norte acadouse un roll over (mesma cota que a do ano pasado).

Pagamentos

En canto aos pagamentos dos convenios de conservación e xestión coas confrarías, a titular de Medio Rural e Mar, sinalou que “a maioría están efectuados, restando, nalgúns casos, tan só aquelas contías para as que se achegou tarde a documentación xustificativa”. Engadiu que o seu departamento efectuou o pagamento do 85% da contía global dos mesmos.

Por provincias, na Coruña, a Consellería aboou algo máis do 90% dos pagamentos de conservación e o 85% dos de xestión. En Lugo as porcentaxes son de 73% en conservación e 85% en xestión. En Pontevedra, efectuouse preto do 84% dos pagamentos de conservación e case un 87% dos de xestión.

Rosa Quintana lembrou que as axudas para estes fins son parciais e que as confrarías deben cofinanciar a parte restante, e que os pósitos coñecen o importante esforzo que a Consellería vén facendo ano a ano para achegar estes fondos.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Abril 2012
    L M M X V S D
     1
    2345678
    9101112131415
    16171819202122
    23242526272829
    30  
    « Mar   Mai »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: