• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Opinión: Ourizo mariño
Axuda no fogar »

Derrube no barrio do Celeiriño

24, Abril 2012 por Admin B

O bipartito local incumpre o acordo do pleno municipal aprobado por unanimidade o 28 de setembro de 2009 e que obrigaba ao Concello a emprender as accións legais oportunas para obter as indemnizacións correspondentes

BALSEIRO PREGUNTA Á XUNTA SE COÑECE AS RAZÓNS POLAS QUE O GOBERNO LOCAL DE VIVEIRO NON EFECTÚA A RECLAMACIÓN XUDICIAL CONTRA A EMPRESA CAUSANTE DOS DANOS DO CELEIRIÑO

  • O Partido Popular pide á Xunta que cuantifique a cantidade achegada pola Xunta de Galicia polos gastos ocasionados tras as obras de emerxencia acometidas neste barrio

  

Declaracións de Balseiro Orol:

https://josemanuelbalseiro.files.wordpress.com/2012/04/balseiro-sobre-celeiric3b1o.mp3

Santiago, 24 de abril de 2012.- O deputado Jose Manuel Balseiro Orol ven de rexistrar unha iniciativa parlamentaria na que pregunta á Xunta de Galicia se coñece as razóns polas que o Goberno local de Viveiro non efectúa -tal e como se comprometeu- a reclamación xudicial contra a empresa privada responsable dos danos que se ocasionaron nas vivendas particulares e espazos públicos do barrio vivairense do Celeiriño.

O parlamentario mariñán alerta sobre as consecuencias xurídicas negativas dunhas manobras dilatorias que, protagonizadas polo Goberno bipartito local, incumpren de modo flagrante o acordo aprobado por unanimidade o 28 de setembro de 2009 no Pleno do Concello de Viveiro. Daquela o conxunto da Corporación Municipal acordou pedir ao alcalde que adoptara as accións legais que se estimasen necesarias para obter do causante dos danos as indemnizacións correspondentes.

Balseiro Orol cualificou de “extremadamente preocupante” que o actual Goberno local antepoña os seus intereses persoais aos dos veciños deste barrio que viron danadas as súas vivendas. O deputado popular considera que os edís do equipo de goberno local “renuncian a defender aos seus veciños, como é a súa obriga e, pola contra, actúan como se se tratasen dos representantes legais da empresa privada causante dos estragos,  un comportamento como mínimo asombroso e sospeitoso, que terán que explicar”.

OCULTACIÓN

O deputado popular lembrou que nas conversas mantidas por parte dos representantes da Xunta (Instituto Galego de Vivenda e Solo) co alcalde de Viveiro en 2009 chegouse ao acordo de que sería o Concello que reclamase xudicialmente á empresa causante dos danos, e pese a ter transcorrido varios anos desde esa data “non existe constancia de que esa reclamación se teña efectuado, nin teña posibilidades de acometerse, polo que corren o  risco de caducar as accións legais pertinentes”.

O Goberno bipartito de Viveiro ademais de omitir a oportuna reclamación tamén intenta agochar o seu erróneo proceder en todo este asunto xa que nega a información que se lle reclama pola Xunta. Ata o momento e pese a que o IGVS solicitou por escrito ao concello de Viveiro información sobre a presentación de dita reclamación xudicial nos meses de outubro, novembro e decembro de 2010 e febreiro de 2011, non obtivo resposta algunha en ningún dos casos. Balseiro quere coñecer se esta acción de ocultación segue a producirse a data de hoxe.

OBTER AS INDEMNIZACIÓNS CORRESPONDENTES

O deputado popular quixo destacar finalmente que dita reclamación xudicial é imprescindible para que o IGVS recupere unha cifra próxima ao millón de euros que o Goberno galego achegou para solucionar de urxencia a situación das familias cuxas vivendas quedaron inhabitables, así como tamén todas as responsabilidades polos trastornos físicos e sicológicos ocasionados a aqueles que viron como perdían os seus fogares.  Falamos dunha inxente cantidade de diñeiro público que o deputado popular pide que se cuantifique e á que, por riba, habería que engadir as cantidades asumidas polo propio Concello, en conceptos tan diversos como: reparacións, obras e alugueres. Segundo Balseiro o Goberno bipartito local sabe que os danos causados correspóndelle satisfacelos a dita empresa e non ao conxunto dos galegos ou dos veciños de Viveiro e pese a iso, non ten demostrado a súa intención de recuperar este diñeiro público investido.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en INFRAESTRUTURAS, URBANISMO |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Abril 2012
    L M M X V S D
     1
    2345678
    9101112131415
    16171819202122
    23242526272829
    30  
    « Mar   Mai »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: