• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Facenda local
Impulsa Lugo »

Viveiro

8, Maio 2012 por Admin B

O IGVS achegou unha importante cantidade de diñeiro destinada a dar unha solución de urxencia ás familias cuxos fogares quedaron inhabitables, factura que agora deberá reintegrar a empresa causante dos danos xa que non corresponde asumila ao conxunto dos galegos

BALSEIRO PIDE NO PARLAMENTO DE GALICIA QUE A XUNTA CUANTIFIQUE O INVESTIMENTO ACHEGADO POLO GOBERNO GALEGO TRAS O DERRUBAMENTO DO CELEIRIÑO

  • O deputado popular pregunta se a Xunta ten constancia da presentación por parte do Concello de Viveiro da reclamación xudicial contra a empresa causante dos danos ao obxecto de recuperar o diñeiro público empregado e, en caso negativo, das razóns polas que o Executivo local demora esta decisión.

 

Audio: https://josemanuelbalseiro.files.wordpress.com/2012/05/baleiro-sobre-celeiric3b1o.mp3

Santiago, 08 de maio de 2012.- O deputado do Grupo Parlamentario Popular de Galicia, Jose Manuel Balseiro Orol, rexistrou unha iniciativa na Cámara galega na que pide á Xunta que cuantifique o dinero público achegado polo Goberno galego tras o derrubo do barrio do Celeiriño, en Viveiro.

 O parlamentario mariñán lembra que a Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), achegou unha importante cantidade de diñeiro destinada a dar unha solución de urxencia ás familias cuxos fogares quedaron inhabitables, todo iso a pesar de que a responsabilidade polos danos causados correspóndelle satisfacela á empresa causante dos mesmos e non ao conxunto dos galegos.

 SEN INTERESE POR RECUPERAR O DIÑEIRO PÚBLICO

 Balseiro Orol tamén explica que malia as múltiples xestións e ofrecementos públicos do IGVS  amosando a súa total disposición para colaborar co concello de Viveiro ata o momento -que teña transcendido- atopuse coa falta de interese do Goberno municipal por dar unha solución esta cuestión e por iniciar os trámites oportunos para recuperar o diñeiro público empregado.

 INDEMNIZACIÓNS PENDENTES

 Segundo Balseiro cando pasan máis de catro anos despois do acontecido aínda está pendente a resolución dun acontecemento que produce un lóxico desacougo entre a veciñanza, respecto do futuro das vivendas en risco de derruba, respecto da achega das indemnizacións correspondente e respecto do reintegro das cantidades desembolsadas pola Xunta  de Galicia e polo Concello de Viveiro para compensar de urxencia os danos producidos.

É por iso polo que Balseiro tamén pregunta, na súa iniciativa parlamentaria, se a Xunta ten constancia da presentación por parte do Concello de Viveiro da reclamación xudicial contra a empresa causante dos danos ao obxecto de recuperar o diñeiro público empregado e, en caso negativo, das razóns polas que o Executivo local demora esta decisión.

 Balseiro lembra finalmente que o 28 de setembro de 2009 o Pleno do Concello de Viveiro acordou, por unanimidade pedir ao alcalde que adoptara as accións legais que se estimasen necesarias para obter do causante dos danos as indemnizacións correspondentes

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en URBANISMO |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Maio 2012
    L M M X V S D
     123456
    78910111213
    14151617181920
    21222324252627
    28293031  
    « Abr   Xuñ »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: