Impulsa Lugo

O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro interesouse no Parlamento polos apoios previstos no plan de discriminación positiva posto en marcha polo Goberno galego na provincia lucense

 O IMPULSA LUGO DA XUNTA FACILITARÁ A CAPTACIÓN DE EMPRESAS ACUÍCOLAS QUE QUEIRAN INSTALARSE NA PROVINCIA DE LUGO

  •  O director xeral do IGAPE confirmou no Parlamento que aquelas empresas que desenvolvan os seus proxectos na provincia lucense poderán beneficiarse das axudas da Consellería do Mar e de apoios específicos como as axudas para a internacionalización e os apoios de XestGalicia.

 

Audio 1: O director do IGAPE explica os apoios do Impulsa Lugo á acuicultura

Audio 2: Balseiro agradece o esforzo da Xunta por captar empresas para a Mariña

Audio 3: O director do IGAPE confirma a disponibilidade de fondos da Xunta en apoio do tecido empresarial lucense.

Santiago, 10 de maio de 2012.- O director xeral do IGAPE, Javier Aguilera, confirmou a preguntas do portavoz popular do Mar no Parlamento de Galicia, Jose Manuel Balseiro, que o plan Impulsa Lugo da Xunta incorpora ao sector da acuicultura dentro do seu plano estratéxico de oportunidades o que permite que as ás empresas que se instalen nesta provincia poidan recibir unha seria de apoios específicos a maiores dos que xa teñen a través das axudas da Consellería do Medio Rural e do Mar.

 Así por exemplo, segundo explicou o director xeral do IGAPE, o Impulsa Lugo facilitará a captación de emrpesas acuícolas que teñan interese en desenvolver os seus proxectos empresariais na Mariña lucense e facilitará que reciban subvencións específicas en materia de internacionalización dos seus produtos ou de avais cualificados para impulsar os seus investimentos a través da empresa de capital risco XesGalicia.

 O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, valorou  moi positivamente estes apoios e sinalou que aquelas empresas que desexen crear postos de traballo e xerar actividade económica na provincia lucense teñen mellores oportunidades para facelo e acceso a condicións de financiamento moito mellores. Sinalou finalmente que os esforzos do Goberno galego por desbloquear a acuicultura serán especialmente beneficiosos para a provincia lucense.