• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Rehabilitación de vivendas
Campaña do bonito »

Opinión

16, Maio 2012 por Admin B

<< A Deputación só acerta cando rectifica >>

 

Por fortuna en días pasados a Deputación lucense anunciou a súa intención de rectificar esta decisión tan errada pola que pretendían deixar abandonados ás persoas beneficiarias do servizos de axuda no fogar básico na maioría dos concellos da provincia, incumprindo a súa propia lei.  (…) Parece  ser que agora a Deputación si porá a parte que lle corresponde no financiamento dos servizos sociais municipais. Cos seus feitos demostran que o Goberno bipartito provincial só acerta cando rectifica

Audio de Balseiro:

https://josemanuelbalseiro.files.wordpress.com/2012/05/balseiro-sobre-a-rectificacic3b3n-da-deputacic3b3n-en-materia-de-servizos-sociais.mp3

 A reedición do Goberno bipartito da Deputación de Lugo entre as dúas formacións políticas que perderon as eleccións auguraba a nada disimulada intención de PSOE e BNG de empregar o organismo provincial non como unha administración ao servizo dos lucenses -e especialmente dos concellos máis pequenos-, senón como un instrumento de confrontación constante e conflito político coa Xunta e co Goberno central, polo simple feito de estar xestionados polo Partido Popular.

Vémolo en materia de servizos sociais, quizá un ámbito que pola súa transcendencia e pola importancia e circunstancias particulares dos beneficiarios das prestacións de benestar -persoas maiores e dependentes- debera estar fóra de todo conflito partidista sobre todo cando, como neste caso, ofrecer mensaxes alarmantes ou incluso pretender enganar aos usuarios con falsas alertas asegurando que se poñía en risco a continuidade dos servizos sociais resulta especialmente rexeitable.

Desde o Partido Popular sempre sostivemos que o que tiña que facer a Deputación de Lugo era cumprir a lei: a Lei de Servizos Sociais que aprobaron eles mesmos, en 2008, desde o Goberno bipartito da Xunta. Curiosamente socialistas e nacionalistas que, co seu voto, sacaban adiante o novo texto lexislativo, anos despois, pretendían converterse nunha administración insumisa, pretendían negarse a aplicar a súa propia lei que, con intención de colaborar, distribuía as competencias das distintas administracións no financiamento e apoio dos servizos sociais municipais.

Os populares sempre dixemos que a Xunta cumpriría ao máximo coas súas obrigas porque é a primeira administración interesada en garantir un servizos de benestar de calidade. Porque a pesar dos momentos de crise e axustes orzamentarios, a súa prioridade é blindar os servizos sociais. Será a Consellería de Traballo e Benestar quen financiará a axuda no fogar das persoas dependentes e os traballadores sociais de absolutamente todos os concellos, independentemente do número de habitantes que teñan. A Deputación, pola contra, aplicando esta mesma lei e o decreto que a desenvolve, ten a obriga de apoiar técnica, económica e xuridicamente aos concellos máis pequenos no tocante ao servizos de axuda no fogar básico, isto é, os que atenden a persoas maiores non dependentes.

 Por fortuna en días pasados a Deputación lucense anunciou a súa intención de rectificar esta decisión tan errada pola que pretendían deixar abandonados ás persoas beneficiarias do servizos de axuda no fogar básico na maioría dos concellos da provincia, incumprindo a súa propia lei. Están a facelo como resultado da presión do Partido Popular e da inmensa maioría de alcaldes que lles esixían que cumpriran coas súas obrigas e se deixaran de enfrontamentos. Só cómpre lamentar que na súa rectificación sigan a demostrar o sectarismo político que parece innato no bipartito provincial e en vez de reducir en gastos superfluos ou propaganda decidan retirar fondos da construción dun polideportivo en Portomarín, concello gobernado polo PP. Con todo, parece  ser que agora a Deputación si porá a parte que lle corresponde no financiamento dos servizos sociais municipais. Cos seus feitos demostran que o Goberno bipartito provincial só acerta cando rectifica.

 

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en BENESTAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Maio 2012
    L M M X V S D
     123456
    78910111213
    14151617181920
    21222324252627
    28293031  
    « Abr   Xuñ »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: