• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Reformas: Garantía de futuro
Iniciativa parlamentaria »

Corrixe unha decisión inxusta do bipartito

24, Maio 2012 por Admin B

O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular e tenente alcalde de Cervo, Jose Manuel Balseiro agradece a decisión “obxectiva, xusta e reparadora” do actual Goberno de Galicia que corrixe a da anterior Xunta bipartita que na anterior lexislatura excluíu este emprazamento

O SECRETARIO XERAL DO MAR CONFIRMA A BALSEIRO QUE A XUNTA RECUPEREOU O POLÍGONO DE CUIÑA EN CERVO E PARTE DOS TERREOS ANEXOS PARA INSTALAR NOVOS PROXECTOS ACUÍCOLAS OU AMPLIACIÓNS DOS XA EXISTENTES

  •  Juan Carlos Maneiro cualificou esta zona como un dos mellores emprazamentos acuícolas de toda Galicia polas súas inmellorables características xeográficas e ambientais.

Santiago, 24 de maio de 2012.- O secretario xeral do Mar, Juan Carlos Maneiro explicou en resposta a preguntas do deputado popular Jose Manuel Balserio que o polígono empresarial de Cuiña está clafisicado dentro do Plan Galego de Acuicultura do Litoral como zona dous, “esto significa que podería desenvolverse de xeito imediato un proxecto acuícola neste emprazamento”.

Maneiro tamén indicou que esta clasificación non só afecta ao espazo do polígono industrial en sentido estrito senón incluso a gran parte dos terreos anexos que “poderían utilizarse tamén para futuros proxectos acuícolas na medida de que no futuro poidan desenvolverse novas técnicas que permitan empregar terreos máis afastados da costa”

DECISIÓN XUSTA, OBXECTIVA E REPARADORA

 Jose Manuel Balseiro, sinalou como moi positiva a confirmación de que o polígono de Cuiña volve a formar parte do Plan Acuícola e agradeceu  esta  decisión do actual Goberno galego do Partido Popular que cualificou de “obxectiva, xusta e reparadora” xa que corrixe unha decisión do anterior Executivo bipartito da Xunta que, en sentido contrario, decidiu excluír expresamente este emprazamento do antigo plan acuícola.

Balseiro lembrou que xa na pasada lexislatura o PP defendeu a idoneidade de Cuiña tanto para a ampliación dos proxectos empresariais existentes como para a creación de novas piscifactorías, e que daquela atopuse co voto en contra de PSOE e BNG.“Agradezo moi especialmente a decisión da Xunta actual, non só como deputado e portavoz do Mar, senón como veciño de Cervo e tenente de alcalde desa localidade pola importancia que esto pode ter no ámbito da xeración de riqueza e do emprego”-dixo Balseiro.

UN DOS MELLORES EMPRAZAMENTOS DE TODA GALICIA

Maneiro explicou que Cuiña “é un dos mellores emprazamentos de toda Galicia” para albergar granxas para o cultivo de peixes planos en terra “como demostra o feito de que hoxe alí está situada a piscifactoría de maior produción de Galicia, “algo que non sería posible se non presentase estas condicións óptimas”.

En todo caso, o secretario xeral do Mar explicou estas características positivas describindo aspectos de tipo xeográfico e ambiental: “Cuiña dispón dunha cota media ideal con respecto ao mar (inferior aos 25 metros na súa maioría ou incluso a 15 metros nunha boa parte destas zonas) e de amplas superficies libres de terreo con excasa distancia respecto do mar”-dixo Maneiro.

 

Ademaís, desde o punto de vista da calidade das súas augas Maneiro indicou que estas “presentan unha renovación constante froito de ter un litoral situado nunha zona de mar aberto e con estabilidade nos seus parámetros físicos, e moi en concreto, na salinidade e na temperatura”. En definitiva, “condicionantes positivos inmellorables”.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en INFRAESTRUTURAS, MAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Maio 2012
    L M M X V S D
     123456
    78910111213
    14151617181920
    21222324252627
    28293031  
    « Abr   Xuñ »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: