Alcoa

Coincidencias na xuntanza que mantivo hoxe cos representantes dos traballadores o secretario xeral dos populares lucenses e secretario da Mesa do Parlamento

BALSEIRO TRASLADA AOS SINDICATOS DAS AUXILIARES DE ALCOA O APOIO DO PP A DOUS PROXECTOS ESTRATÉXICOS PARA O FUTURO DA COMPAÑÍA: UNHA TARIFA ELÉCTRICA REDUCIDA E O GASODUTO DA MARIÑA

 

  •  Lembra que o PP fixo posible –a través dunha emenda súa que foi asumida na súa integridade- o acordo do Parlamento galego dirixido a obter unha tarifa eléctrica máis competitiva para Alcoa.
  •  Foi un goberno do PP quen desbloqueou o proxecto de gasoduto da Mariña e quen mobilizou  2,6 millóns de euros para gasificar o centro de traballo sito en San Ciprián da multinacional do aluminio.

 Cervo, 28 de maio de 2012.- Hoxe ás 16.00 horas daba comezo nos locais sindicais de Alcoa en San Ciprián (Cervo) unha xuntanza na que participaron o secretario xeral dos populares lucenses e secretario da Mesa do Parlamento, Jose Manuel Balseiro, e os representantes dos traballadores das principais empresas auxiliares de Alcoa.

DOÚS PROXECTOS NOS QUE XA VEN TRALLANDO O PP

No devandito encontro os representantes sindicais trasladáronlle a Balseiro dous asuntos –a negociación da tarifa eléctrica e o desrpregue do gasoduto da Mariña- que coinciden con dous ámbitos nos que xa vén traballando fai tempo o Partido Popular e respecto dos que xa impulsou iniciativas moi relevantes, tanto a nivel político como desde os respectivos gobernos.

 Balseiro quixo manifestar o apoio firme e decidido do Partido Popular aos dous proxectos estratéxicos máis importantes no obxectivo de garantir a competitividade e futuro deste enclave industrial e, polo tanto, tamén dos postos de traballo a el asociados.

TARIFA ELÉCTRICA

No tocante á tarifa eléctrica o dirixente popular lembrou que o Parlamento de Galicia asumiu na súa integriadde unha emenda do Partido Popular -defendida por el mesmo na súa condición de deptuado- e aprobaba, nas pasadas datas e por unanimidade pedir ao Goberno do Estado a revisión e redución das tarifas eléctricas que abona Alcoa e outras empresas industriais consideradas como grandes consumidores de enerxía.

A importancia desta decisión vén dada porque a factura da luz é o principal custe de produción desta compañía e, polo tanto, acordar a súa variación á baixa inflúe significativamente na competitividade e viabilidade da  mesma.

GAS NATURAL

Por outra banda Balseiro lembrou que a Xunta mobilizou investimentos por valor de 2,6 millóns de euros, destinados a instalacións para o almacenamento de gas natural e a reconversión de fuel-oil a gas natural na planta de San Ciprián. O proxecto, financiado pola Xunta, permite a substitución do fuel-oil por gas natural, na planta de Alúmina do complexo de Alcoa San Ciprián, que inclúe unha fábrica de aluminio primario e instalacións de servizos comúns, entre as que destaca o porto, e produce 1,5 millóns de toneladas de alúmina e 250.000 toneladas de aluminio, ao ano.

Ao mesmo tempo Balseiro lembrou que o apoio do Goberno galego á posta en marcha do proxecto gasista de Alcoa en San Ciprián, foi determinante para lograr o inicio da tramitación do Gasoduto da Mariña, e polo tanto o desbloqueo na tramitación administrativa deste proxecto, o que significa que a construción do Gasoduto poderase atender á demanda de núcleos de poboación próximos á planta en beneficio de máis de 18.000 persoas.

Balseiro explicou tamén que empregar este novo combustible permitirá un aforro substancial e unha mellor protección ambiental o que evita problemas coas autoridades comunitarias en materia de emisión de gases invernadoiro

SAÚDOS, Tel. 651.90.43.28