• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Nova xestora do PP en Ribadeo
Deputación de Lugo »

Plan de pago a provedores

29, Maio 2012 por Admin B

Declaracións efectuadas no transcurso dunha pregunta parlamentaria debatida hoxe no seo da Comisión de Economía do Parlamento de Galicia

BALSEIRO COMPARTE A VALORACIÓN DO DIRECTOR XERAL DE ADMINISTRACIÓN LOCAL QUE CUALIFICOU DE IRRESPONSABLE A DECISIÓN DAS FORZAS DA OPOSICIÓN NO CONCELLO DE FOZ TRAS REXEITAR O PLAN DE AXUSTE

  • Norberto Uzal explicou que, con plan de axuste aprobado, Foz abonaría durante o ano 60 mil euros en vez de ter que ver reducidos os seus ingresos en máis de 700 mil euros
  • Segundo demostran os informes contables os responsables do Goberno anterior non só gastaron todo o remanente de tesourería que había senón que deixaron a maiores unha débeda de millón e medio de euros que agora podían pagarse dun xeito más cómodo de terse aprobado o plan de axuste e de pago á provedores

 

Declaracións de Balseiro:

https://josemanuelbalseiro.files.wordpress.com/2012/05/mono-009.mp3

Declaracións do secretario xeral de Administración Local:

https://josemanuelbalseiro.files.wordpress.com/2012/05/intervencion-final-dx-admc3b3n-local.mp3

Santiago, 29 de maio de 2012.- O deputado popular Jose Manuel Balseiro comparte a valoración feita polo director xeral de Administración Local da Xunta de Galicia, Norberto Uzal, cando cualifica de “irresponsable” a actitude dos partidos da oposición de Foz, ao rexeitar o plan de axuste presentado polo Goberno municipal o que implicou a retirada automática do 50% dos fondos mensuais que recibía a facenda local deste municipio procedentes do Estado.

As devanditas declaracións efectuáronse no transcurso dunha resposta parlamentaria a unha iniciativa presentada polo deputado popular Jose Manuel Balseiro e debatida hoxe no seo da Comisión de Economía do Parlamento de Galicia.

O director xeral insistiu en que non lle parece responsable que os grupos da oposició, conscientes da situación económica do concello de Foz, non empregaran outras alternativas distintas a de votar en contra do plan de axuste: como propoñer outro plan de axuste alternativo ou absterse manifestando a súa disconformidade, pero en lugar disto, decidiron colocar á facenda municipal nunha situación que o director xeral cualificou como delicada, ao borde da suspensión de pagos.

DÉBEDAS PENDENTES DO GOBERNO LOCAL ANTERIOR

Norberto Uzal explicou que, con plan de axuste aprobado, Foz abonaría durante o ano 60 mil euros en vez de ter que ver reducidos os seus ingresos en máis de 700 mil euros e todo elo para facer fronte a unha serie de débedas procedentes da xestión dun goberno anterior –como demostra a contabilidade- non só gastou o remanente de tesourería senón que deixou a maiores unha débeda de millón e medio de euros. Facturas pendentes que agora podían pagarse dun xeito máis cómodo e responsable, podían abonarse conforme ao plan de axuste dirixido a atender aos pagos pendentes a provedores e ás propias obrigas municipais.

Jose Manuel Balseiro concluíu recordando que se o Concello de Foz fora unha empresa que vira mermadas nun 50% os seus ingresos estaría en práctica suspensión de pagos e que, polo tanto, esta era a situación na que pretendían situar ao concello desde os partidos da oposición. Non obstante lembrou que a decrita é unha situación revesible, polo menos en parte, de aprobarse un novo plan de saneamento e dixo que lle constaban contactos positivos entre o Goberno local e as forzas da oposición para aprobar o novo orzamento local. Finalmente concluíu sinalando que, na súa opinión, como resume do acontecido está claro que en Foz hai “un goberno responsable, e unha oposición irresponsable” e desexou que situacións similares non se volvan a repetir no futuro.

 

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Maio 2012
    L M M X V S D
     123456
    78910111213
    14151617181920
    21222324252627
    28293031  
    « Abr   Xuñ »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: